Venres, 2 Maio de 2025

Mañá sábado 29, no barrio do Sancho en Nigrán, o Rey Midas presenta o espectáculo ‘De principio a fin’

O prestidixitador realizará un show baseado nos mesmos números das videochamadas que fixo aos nenos que estiveron de aniversario durante o confinamento e aos que o Concello agasallou

O Concello de Nigrán, dentro da súa programación especial do verán, acolle este sábado 29 de agosto, ás 19:00 horas no barrio de Sancho (Panxón), a estrea do último espectáculo do mago Rey Midas ‘De principio a fin’ con motivo da festa de ‘San Juan Degollado’.

O prestidixitador realizará un show baseado nos mesmos números das videochamadas que fixo aos nenos que estiveron de aniversario durante o confinamento e aos que o Concello agasallou deste xeito. Tras máis de ‘150 aniversarios de balcón’ organizados polo Concello durante o estado de alarma, moitos nenos quedaron coas ganas de ver o show en directo, tanto os que o disfrutaron mediante videochamada como os que non. O Rey Midas pecha así a súa xira de verán polas parroquias ofrecendo este último espectáculo.