Sábado, 3 Maio de 2025

Este domingo conmemorarase en Chandebrito o cuarto aniversario dos incendios

A xornada incluirá un xantar popular e actuación do grupo de música da terra 'Os escaravellos'

Concello de Nigrán, Comunidade de Montes de Chandebrito e Asociación de Veciños ‘O Castro’ conmemoran este domingo 17 de outubro na parroquia o ‘IV Aniversario dos Incendios’ cunha prantación desde as 11:30 horas na zona de ‘Chans de Rapadouro’ de 200 especies autóctonas doadas polo CFEA de Lourizán dependente da Axencia Galega de Calidade Alimentaria da Xunta. Ao finalizar haberá un xantar popular para os participantes, a continuación entrega de presentes a entidades colaboradoras e, finalmente, actuación do grupo de música da terra ‘Os Escaravellos’. En caso de choiva, a comida e o concerto trasladarase ao pavillón do Colexio Estudio.

As parroquias de Chandebrito e Camos viviron o 15 de outubro un dos momentos máis tráxicos da súa historia ao sufrir uns gravísimos incendios que se levaron a vida de dúas mulleres nunha evacuación fallida, Angelina Otero e Maximina Iglesias, e máis de 600 hectáreas arrasadas.

“As vida humanas son irreparables, esa dor e ese recordo sempre estarán aí, pero despois dos incendios tamén xurdíu en todos nos unha nova mentalidade ecoloxista e a esperanza e a ilusión de xestionar o monte doutro xeito, Chandebrito e Camos son o mellor exemplo delo”, explica Juan González, alcalde de Nigrán.