O Concello de Nigrán e a Sociedade Galega de Sexoloxía (SOGASEX) convocan un concurso de curtametraxes coa sexualidade e os abusos como eixo temático para coincidir coa ‘Semana da Diversidade Sexual’ que cada ano ofrecen conxuntamente en xuño, cando se dará a coñecer ao gañador (2 de xuño).
O prazo de recepción de propostas remata o 19 de maio. O certame está aberto a particulares e a centros educativos de toda Galicia, constando en ambos casos dun primeiro premio de 400 € e outro de 100 € e sendo a duración máxima das curtas de 15 minutos. As bases polo míudo están penduradas na web municipal www.nigran.es e www.sogasex.es .