8.8 C
Pontevedra
Venres, 1 de Decembro de 2023
Máis
    HomeVal MiñorNigránCampamento musical en Nigrán

    Campamento musical en Nigrán

    A Escola de Música da Agrupación Musical Santiago de Parada do Concello de Nigrán, pensando na conciliación familiar das familias do concello, fai un campamento musical para o xoves 7 de decembro no horario de 09:00 a 14:00 horas, día non lectivo nos colexios coincidindo na ponte de decembro. Así aproveitase tamén a oportunidade de acercar a música aos máis cativos e dar a coñecer a nosa escola de música.

    O campamento está orientado a nenos a partir de 4 anos e faranse actividades musicais de todo tipo, xogos, cantar, bailar e tocar instrumentos musicais, cun custo de 10 euros.

    A matrícula para a escola segue aberta, para todos os públicos a partir dos 4 anos e adultos.

    Pódese contactar coa argupación no teléfono 722651027, no correo electrónico: amsantiagodeparada@gmail.com ou na escola os martes e xoves de 16:00 a 20:00 horas.

    LIBROS

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.

    Domingo Villar, «Síbaris»

    A morte prematura de Domingo Villar foi un duro mazazo para os amantes da literatura galega, iso é algo sobre o que coido que existe consenso a estas alturas.