7.9 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránAberto o prazo de inscrición na ludoteca de Nadal de Nigrán

    Aberto o prazo de inscrición na ludoteca de Nadal de Nigrán

    Ofértanse 60 prazas para crianzas de 3 a 12 anos empadroadas en Nigrán e o periodo de inscrición é do 24 de Novembro ao 2 de Decembro

    O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres, organiza un ano máis a “Ludoteca de Nadal 2022” co obxectivo de favorecer a conciliación da vida laboral, persoal e familiar. Está destinada a nenos e nenas empadroados en Nigrán con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos, e desenvolverase dende o día 23 de decembro ata o día 5 de xaneiro de luns a venres no CEIP Humberto Juanes de Nigrán. En total, ofértanse 60 prazas e custe é de 10 €.

    O período de inscrición comeza o día 24 de novembro e finaliza o día 2 de decembro. Os formularios de inscrición poderán recollerse no Centro de Información ás Mulleres, na Oficina de Atención Cidadá ou descargarse na páxina web www.nigran.es/Taboleiro de Anuncios/Anuncios.

    Para máis información as persoas interesadas poden dirixirse ao Centro de Información ás Mulleres na antiga estación do tranvía de Panxón, Estrada pola vía, nº65, Panxón, Nigrán. Tlf: 986 383081, correo electrónico: cim@nigran.org..

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.