Sábado, 3 Maio de 2025

A biblioteca de Nigrán acolle mañá a presentación do novo libro de Fran Fernández Davila

O premiado escritor miñorán estará acompañado do alcalde de Nigrán e Tati Mancebo, directora comercial da Editorial Galaxia

O escritor miñorán Fran Fernández Davila estará presentando e asinando a súa derradeira novela ‘O Bosque do Duque’ este mércores 6 de abril ás 19.30 horas na nova Biblioteca Municipal do Concello de Nigrán,  xunto co alcalde, Juan González, e a directora comercial de Galaxia, Tati Mancebo.

A novela calificada polos críticos literarios como unha chiscadela a historias como Narnia, Momo e os Goonies, é un libro de amizade, identidade e fortalezas. Sen mencionalo, irmanda ao Val Miñor coa cidade neerlandesa de ‘s-Hertogenbosch.

Sabine é unha rapaza galega dos Países Baixos. Fala castelán e neerlandés e bota de menos Galicia, sobre todo as súas avoas. No seu décimo aniversario recibe un agasallo misterioso que lle abre as portas dunha grande aventura. Axudada polos seus amigos Wilko, Jeroen e Anja, Sabine loitará non só por salvar a vida, senón tamén os vínculos que a unen á súa orixe, descubrindo un conxunto de poderes que non sabía que tiña dentro.

Fran Fernández Davila gañou o Premio de Novela da Voz de Galicia con ‘A Senda de Sal’, unha novela curta ambientada no Panxón da Segunda Guerra Mundial. Despois diso sumou máis de vinte de premios tanto de poesía como en narrativa nas especialidades de novela, relato curto e microrrelato tanto en Galicia como noutras cidades de España e mesmo na Arxentina. No entorno local destácase o Premio Poesía Victoriano Taibo polo seu poemario Mover os Marcos en Gondomar.

Francisco Javier Fernández Davila

https://gl.m.wikipedia.org/wiki/Francisco_Fern%C3%A1ndez_Davila

  • IX Premio de Poesía Victoriano Taibo no 2016, finalista, por Capetón.
  • X Certame Literario Terras de Chamoso no 2016, segundo premio, por Princesa de Fukushima.
  • I Certame de Enxeñería Sen Fronteiras no 2016, primeiro premio, por Capetón.
  • XLIX Concurso Literario Casino Ateneo de Béjar no 2016, segundo premio, por Aliento de Bronce.
  • Concurso de Relato Curto “A Cividade” de Mos no 2017, primeiro premio, por O Premio.
  • V Concurso Microcatrorelato no 2017, premio do xurado, por As balas de Koch.
  • V Certame de Relatos Vigo Histórico, 2017, accésit, por A pel do corazón.
  • XIV Concurso “Dillo a quen maltrata” do concello de Lalín no 2017, primeiro premio, por Radiografía da Parroquia.
  • XVII Certame de Novela por Entregas de La Voz de Galicia no 2017, por A senda de sal, publicada pola Editorial Galaxia na súa colección Literaria.
  • XXIII Certame Literario Manuel-Oreste Rodríguez López, 2018, no 2018, mención de honra, por O Faro, conto de mar espeso.
  • Certame de Relato Curto da Universidade de Vigo no 2018, primeiro premio, por K.A.R.M.A.
  • Certame de Poesía da Universidade de Vigo no 2018, primeiro accésit, por Dama de Auga.
  • VI Certame de Relato Curto da FANPA, no 2018, finalista destacado, por O faro.
  • XVII Certame Antón Avilés de Taramancos do Concello de Noia no 2018, por Alana.
  • VI Certame de Poesía en Lingua Galega Manuel María da Casa de Galicia en Guipúscoa no 2018, primeiro premio, por Trashumántica.
  • XVII Certame de Relato Curto Concello de Mugardos no 2019, primeiro premio, por O Mendigo.
  • XII Premio de Poesía Victoriano Taibo no 2019, por Mover os Marcos.
  • VII Certame de Poesía en Lingua Galega Manuel María da Casa de Galicia en Guipúscoa no 2019, terceiro premio, por A miña pel en tatuaxes.
  • XXXIII Certame de poesía en lingua galega Rosalía de Castro de Cornellà no 2019, primeiro premio, por Poemas d Aeroporto.
  • XXXIV Certame de poesía en lingua galega Rosalía de Castro de Cornellà no 2020, accésit, por O matrimonio é unha nasa.
  • IX Certame de poesía Xosé M. López Ardeiro de Negreira no 2020, finalista, por mICROrREtRaTOs.
  • Concurso de Relatos e Poemas Letras con Morriña, 2020 Arxentina.
  • XI Concurso de relatos de inspiración científica -Inspiraciencia- do Ministerio de Ciencia e Innovación no 2021, primeiro premio, por Lúa Negra.
  • XV Certame Literario Terras de Chamoso no 2021, segundo premio, por Rexina.