Domingo, 4 Maio de 2025

Gondomar pon en marcha un ciclo de cinema galego no seu programa cultural

A iniciativa, desenvolta coa colaboración de Cineclub Val Miñor Alice Guy, arrinca este venres coa proxección do primeiro título que recolle o programa ‘Gondocultura Outono’, ao que se sumará o sábado unha nova cita co teatro, coa produción de Señora Supina titulada No Golfo.

O Auditorio Lois Tobío será a instalación que acollerá esta fin de semana ambas as citas que arrincan ás 21.00 h. deste venres 15 de outubro coa proxección da película 9 fugas, do director Fon Cortizo. A longametraxe, co premio Mestre Mateo á mellor Banda Sonora Orixinal, ou o nomeamento á mellor fotografía, tamén foi distinguida como mellor película na última edición do Festival de cinema de Xixón.

Xa o sábado 16, de novo quenda para o teatro en Gondomar. Sobre o escenario do auditorio municipal as actrices Alba Outeda e Raquel Ferraz, darán vida ás protagonistas de No Golfo, obra dirixida por Javier Lojo, na que ambas se verán atrapadas nunha lancha varada que lles obrigará a enfrontarse á súa propia historia como parella, e en que momento atópase.

As entradas deberán retirarse en https://taquilla.concellodegondomar.gal.