7.9 C
Pontevedra
Mércores, 6 de Decembro de 2023
Máis

    Tag: vincúlate

    Comeza a III edición do programa ‘Vincúlate’ de Baiona

    O Concello de Baiona puxo en marcha na primavera do 2021 o programa ‘Vincúlate’, un proxecto pioneiro de intervención con animais para menores de entre 9 e 18 anos que comeza agora o seu terceiro ano de actividade.

    Talleres de Primeiros Auxilios para participantes e cans do Proxecto “Vincúlate”

    Protección Civil Val Miñor e a Clínica Veterinaria “Los Tendales” colaboraron co Proxecto “Vincúlate” do Concello de Baiona.

    Os participantes de Vincúlate de Baiona visitan Anceu Coliving e Coworking en Ponte Candelas

    As persoas participantes do Proxecto “Vincúlate” realizaron unha visita ás instalacións de Anceu Coliving e Coworking en Ponte Candeas para coñecer as instalacións e o programa de “Rural Hackers” de deseño e programación de páxinas web, que está a realizar os seus compañeiros.

    Nova actividade do Proxecto Vincúlate de Baiona

    As persoas participantes no Proxecto Vínculate do Concello de Baiona realizaron unha nova actividade moi beneficiosa para todos os participantes tanto humáns como os seus compañeiros de catro patas.

    Comeza o programa Vincúlate en Baiona

    Onte foi un día importante para Vincúlate. A responsable do Servizo de Educación e Apoio Familiar do Concello de Baiona, Arantxa Rial, xunto coa encargada da actividad, Olalla Vergara, e dúas das veterinarias do hospital veterinario ROF Codina da facultade de veterinaria de Lugo, Ángela González e Susana Muñiz, estiveron seleccionando os cans que este ano participarán no proxecto Vincúlate.

    Unha xornada diferente no proxecto Vincúlate de Baiona

    O pasado martes, e dentro das actividades levadas a cabo no proxecto Vincúlate, os participantes recibiron a visita do alcalde de Baiona, Carlos Gómez, e da concelleira de servizos sociais, Conchy Vara, que aproveitaron a ocasión para facerlles entrega dunhas camisetas.

    Os participantes de ‘Vincúlate’ reciben a visita dos integrantes do proxecto socioeducativo ‘EncaixaT’

    Os participantes do proxecto 'Vincúlate' recibiron unha visita moi especial: un grupo de 16 mozos e mozas de idades comprendidas entre os 8 e os 15 anos, que forman parte do proxecto socioeducativo EncaixaT, levado a cabo polo Servizo de Educación e Apoio Familiar do Concello de Tomiño. Os tomiñeses e tomiñesas quixeron coñecer de primeira man o funcionamento deste pioneiro programa 'Vincúlate' posto en marcha polo Concello de Baiona.

    Os rapaces do grupo de maiores do proxecto ‘Vincúlate’ de Baiona, visitan a protectora ‘Os Palleiros’

    O día 23 de Xuño, o grupo dos maiores do proxecto Vincúlate, acompañados pola responsable do proxecto no concello e pola responsable de ADA intervencións, tivo a oportunidade de visitar a protectora Os Palleiros, de onde veñen os cans cos que traballan tódalas semanas dende hai tres meses.

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.