9.6 C
Pontevedra
Domingo, 3 de Decembro de 2023
Máis

    Tag: belesar

    Belesar celebra a Festividade de San Lorenzo

    A parroquia baionesa de Belesar prepárase para acoller, hoxe mércores, o propio día de San Lorenzo o xoves (día 10 de agosto) e o venres, as festas de celebración en honra ao seu patrón.

    O Concello de Baiona realiza traballos de mellora na Fonte da Rega en Belesar

    O Concello de Baiona, a través da Concellería de Vías e Obras, está a preparar os últimos retoques da Fonte da Rega, no Urgal, Belesar.

    Baiona pavimentará e mellorará a accesibilidade de A Granxa

    O Concello de Baiona, a través da Concellería de Vías e Obras, impulsou dúas actuacións coas que levará a cabo a pavimentación da estrada da Granxa e do camiño Cachadas en Belesar.

    Arrancan en Baiona as obras na EP-2204 Sabarís-Belesar

    As obras de mellora da EP-2204 Sabarís-Belesar, no concello de Baiona, veñen de comezar nas últimas horas da man da Deputación de Pontevedra, unha esperada actuación na que a institución provincial inviste máis de 475.000 euros co fin de mellorar a seguridade viaria na totalidade desta estrada provincial.

    Baiona finaliza a reconstrución dun muro de contención en Belesar

    O Concello de Baiona vén de dar por rematados os traballos de mellora da accesibilidade no Camiño Lameiriño, na Granxa, parroquia de Belesar. A obra, financiada a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra e con fondos propios do Concello, consistía na reconstrución dun muro de contención derrubado hai anos e que "presentaba un perigo para as familias que residen nesta zona, xa que dificultaba o acceso ás vivendas".

    O Concello de Baiona finaliza as obras de mellora do camiño Fonteloureira en Belesar

    Os traballos de mellora do camiño Fonteloureira en Belesar finalizaron. O alcalde de Baiona, Carlos Gómez, e o concelleiro de Vías e Obras, Óscar Martínez, visitaron o final das obras.

    O Concello de Baiona realizará a reconstrución dun muro en Belesar

    O Concello de Baiona realizará unha intervención na parroquia de Belesar. En concreto, trátase da reconstrución dun muro de contención no Camiño Lameiriño, na Granxa, e o posterior arranxo e asfaltado da zona.

    A Deputación inicia os trámites para a adxudicación do proxecto de mellora da seguridade viaria na estrada Sabarís-Belesar en Baiona

    A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar o expediente de contratación para a adxudicación das obras de reposición do firme nos 6,3 quilómetros da EP – 2204 Sabarís – Belesar, no termo municipal de Baiona. Esta actuación, que conta cun orzamento de 541.310 euros, permitirá repor o firme da estrada, instalar redutores de velocidade para o acoutado do tráfico, modificar a sinalización vertical existente e renovar a horizontal.

    LIBROS

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.

    Domingo Villar, «Síbaris»

    A morte prematura de Domingo Villar foi un duro mazazo para os amantes da literatura galega, iso é algo sobre o que coido que existe consenso a estas alturas.