9.6 C
Pontevedra
Sábado, 27 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorBaionaBaiona aproba os seus orzamentos para o 2021 orientados envorcados no gasto...

    Baiona aproba os seus orzamentos para o 2021 orientados envorcados no gasto social

    O Pleno da Corporación do Concello de Baiona aprobou onte, de forma inicial e cos votos a favor do grupo de Goberno, os orzamentos para o 2021. As contas municipais increméntanse nun 10,72 % pasando dos 8,990,323,96 euros aos 9,954,498,23 euros (preto dun millón de euros), un teito “que garante a prestación dos servizos, con eficiencia e eficacia, para os veciños e veciñas de Baiona, aumenta considerablemente a partida destinada a emerxencia social e potencia os investimentos e actuacións no municipio” sinalou o Goberno baionés.

    Os orzamentos aprobados hoxe son, en palabras do alcalde Carlos Gómez ”realistas, adaptados á situación socioeconómica actual. Ante esta conxuntura, os orzamentos deste ano céntranse fundamentalmente na continuidade dos servizos prestados polo concello aos veciños e veciñas do municipio, cunha clara orientación ao gasto social”.

    O plan económico ten un marcado acento social onde se dobra en máis dun 100 %, concretamente un 110 %, a partida de emerxencia social respecto a 2016. Serán por tanto 40.000 euros que se destinarán a veciños e veciñas con dificultades e sobre os que non se descarta unha ampliación do montante en función das circunstancias.

    Neste punto Gómez criticou con dureza a xestión do anterior Goberno que, dixo, “presumía de non gastar a partida de emerxencia social cando –lembrou Gómez– no ano 2016 123 familias acudían á ONG de Baiona a solicitar axuda”. “Outro exemplo para facernos unha idea de como gobernaban, –engadiu o rexedor baionés– é que a práctica totalidade da partida de servizos sociais gastábase na comida da terceira idade. Queda claro, con estes exemplos, a falta de sensibilidade do Partido Popular en materia de servizos sociais”.

    Os orzamentos destinase unha partida de 18.000 euros para afrontar gastos de adquisición de libros de texto e material escolar, así como os gastos de transporte e de comedor escolar.

    No documento tamén se reserva outra partida de 250.000 para os gastos de desinfección e limpeza dos colexios, 100.000 euros máis respecto a 2019. “Son dúas cuestións precisamente competencia da Xunta de Galicia pero que por responsabilidade asumimos desde o Concello, non contabamos con que nin sequera sufragasen o custo de limpeza extra dos colexios e vémonos no deber de aumentar esa partida”, destaca o rexedor Carlos Gómez Prado.

    Outro apartado importante é o destinado ao apoio do consistorio ás asociacións culturas, sociais e deportivas do municipio. Un total de 100.00 euros destinaranse á firma de convenios co nutrido número deste tipo de entidades. Neste punto Gómez destaca que “Este equipo de goberno ten un gran compromiso coas distintas asociacións da nosa vila. Un forte compromiso de apoio ás actividades dos diferentes colectivos baioneses xa que o seu labor é fundamental no municipio para crear un tecido social que reforza a nosa localidade”.

    O capítulo de investimentos ascende a un total de 928,789.58euros. O montante na súa gran maioría destinásese a obras e melloras nas distintas parroquias do municipio con cargo de case 600.000 euros ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. Contémplase un Plan de Mellora de Camiños Municipais, melloras na iluminación con cambios de luminarias por tecnoloxía led, proxectos de saneamento, pavimentación de vías públicas ou rehabilitación do patrimonio. Pola súa banda, o alcalde, Carlos Gómez incide en “facer importantes investimentos no rural, outra da grandes aposta deste equipo de goberno, de feito este ano, gran parte do Plan Concellos irá destinada á mellora das nosas parroquias”.

    No capítulo dedicado ao persoal municipal, recóllese o incremento das retribucións dos empregados públicos para 2021, que se elevarán un 0,09 %, segundo a previsión anunciada polo Goberno de España. Unha subida que non se aplicará aos representantes políticos que forman parte do equipo de goberno municipal.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.