24.6 C
Pontevedra
Mércores, 8 de Maio de 2024
Máis

    Tag: animación á lectura

    Éxito das actividades de animación á lectura para público infantil e familiar da Biblioteca Xela Arias de Chapela

    Durante os meses de setembro e outubro a Biblioteca Xela Arias de Chapela organizou unha serie de actividades de animación á lectura dirixidas ao público infantil e familiar. As iniciativas desenvolvidas foron todo un éxito de participación –as entradas esgotáronse– e de satisfacción do público asistente.

    Iseo a Moura achegará ao público do Rosal contos sobre ‘Amor, cortes e feridas’ no xardín da Biblioteca

    Continúa a programación de actividades no xardín da Biblioteca Municipal do Rosal. Este venres 8 de outubro será a quenda e Iseo a Moura, que namorará a grandes e pequenos e pequenas cos seus contos sobre ‘Amor, cortes e feridas’, unha historia con momentos musicais sobre o importante de quererse a unha mesma para amar en liberdade.

    A biblioteca ‘Xela Arias’ organiza no Multiúsos de Chapela un contacontos para festexar a volta a escola

    A biblioteca 'Xela Arias' de Chapela, Redondela, festexa a volta á escola ofrecendo un contacontos para os máis cativos: Levántate Xan!, unha proposta de narración oral do xenial artista Caxoto.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.