15.8 C
Pontevedra
Luns, 29 de Maio de 2023
Máis
    HomeO CondadoSalvaterra de MiñoXiana Vilas visibiliza a través da danza a fortaleza das mulleres na...

    Xiana Vilas visibiliza a través da danza a fortaleza das mulleres na acción ‘Violencia Zero’ en Salvaterra de Miño

    A coreógrafa e bailarina interpretou 'Maldita fenda' ante o alumnado de terceiro da ESO do IES Salvaterra de Miño, no marco do programa de visibilización das violencias machistas que desenvolve a Deputación de Pontevedra

    Demostrar a fortaleza e a capacidade transformadora das mulleres, visibilizar o seu traballo e crear conciencia da carga e o peso que estas soportan foron as grandes protagonistas da peza de danza contemporánea de Xiana Vilas hoxe en Salvaterra. No marco dunha nova acción do programa da Deputación de Pontevedra ‘Mulleres en Acción. Violencia Zero’, a artista vilagarciana fixo con ‘Maldita fenda’ un chamamento claro e emotivo á sororidade e á igualdade. A actuación foi seguida en directo por un centenar de alumnos e alumnas de terceiro da ESO do IES Salvaterra de Miño, así como pola deputada de Igualdade, Victoria Alonso, e a alcaldesa do municipio, Marta Valcárcel.

    A acción comezou coa condena e a dor polo último crime machista esta madrugada na Coruña, co presunto apuñalamento de Mónica pola súa parella, que xa contaba con antecedentes por violencia de xénero a outras dúas mulleres. Deputada, alcaldesa e artista fixeron mención ás 35 asasinadas a man das súas parellas ou ex parellas en España no que vai de ano para alzar a voz, unha vez máis, contra esta lacra presente na sociedade.

    Xiana Vilas iniciou a súa actuación, creada ex profeso para “Violencia Zero”, cuns tacóns e unha capa negra símbolo do peso que tiveron que soportar as mulleres durante os últimos séculos. “Maldita fenda” consistiu nunha interpretación bailada na que a bailarina e coreógrafa foi mudando de posición e “transformándose” ata rematar erguéndose ao ritmo da música. Deste xeito, Xiana desfíxose da súa capa e foi ampliando o espazo no que se movía ao tempo que citaba a mulleres fontes da súa inspiración como Isadora Duncan (pioneira na danza contemporánea), para a continuación preguntarlle ás rapazas alí presentes os seus nomes para citalas e fomentar a sororidade entre mulleres. A peza, cuxa duración non superou os 20 minutos, rematou cunha danza final protagonizada por unha banda sonora forte e enérxica da que Vilas se serviu para representar a forza das mulleres.

    Esta foi a vixésima acción levada a cabo dentro da sexta edición do programa, que este ano ten como lema “Emerxencia cultural, urxencia feminista! Nin un paso atrás na loita contra a igualdade”. “Mulleres en Acción. Violencia Zero” ten por obxectivo darlle visibilidade á loita contra as violencias machistas, así como dar a coñecer o labor de novas artistas que están a traballar a prol da igualdade. Tras máis de 100 accións artísticas por toda a provincia desde o seu inicio en 2015, o programa da Deputación de Pontevedra seguirá reivindicando a igualdade de xénero por toda a provincia ata que remate o ano.

    COLABORACIÓNS

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    “The Last Of Us”

    Hace unos días, terminé de ver la primera temporada de la serie "The Last Of Us", una serie basada en la historia de un videojuego inspirado en un mundo apocalíptico.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    83 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS