Sábado, 3 Maio de 2025

Localizado sen vida un home no interior dunha vivenda en chamas

A vítima, que tiña mobilidade reducida, foi atopado polos bombeiros cando conseguiron entrar na vivenda para sufocar as lapas.

Un home foi atopado sen vida no interior dunha casa ardendo no concello pontevedrés de Salvaterra de Miño. A vítima, con mobilidade reducida, foi localizada polos bombeiros de Ponteareas na súa cama cando conseguiron entrar no interior da vivenda para atallar o lume que comezou polo tellado, e que destuiu por completo o inmoble no lugar de Souto.

Os veciños alertaron do lume pasadas as 21:15 horas ao decatarse das chamas que saían polo tellado. Pese a rápida resposta dos bombeiros ponteareáns, o lume estendeuse por todo o inmoble e, cando conseguiron entrar na casa, atoparon no interior a un home na cama. Os esforzos realizados polos profesionais das Urxencias Sanitarias, non puideron facer nada por salvarlle a vida.

Os bombeiros de Ponteareas deixaban o lugar do suceso pasada a unha e media da mañanciña para atender outra chamada de urxencia, permanecendo no lugar dos feitos os persoal do parque do Porriño para evidar que houbera rescaldos que reavivaran o lume.