O Grupo Municipal do PP lamenta a “falta de planificación e consenso” Goberno local que está a remodelar a Rúa Redondela “sen ter en conta as necesidades e peticións dos residentes nesta zona”, a firma a portavoz popular Belén Villar.
A portavoz popular subliña a eliminación de prazas de estacionamento sen que se habiliten outras novas na zona. Discrepan os populares tamén en deixar a rúa “dunha única dirección” e asegura que non se tiveron en conta as consideracións veciñais sobre ese asunto.
Os populares denuncian que actualmente só poden circular polo vial os residentes que poidan demostralo unha decisión que, ao seu entender, carrexa “graves prexuízos económicos” ás persoas que teñen negocios e hostalería na Rúa Redondela, motivo polo cal presentamos un rogo ao alcalde instando a que levante o veto de circulación”.
O PP considera que a eliminación do dobre sentido obriga aos vehículos “pesados e non pesados” a desviarse pola contorna do parque de As Pombas, decisión ao seu entender discutible xa que o que se fai é “cargarse a zona do parque de As Pombas derivando alí todo o tráfico”.
Por outra banda os populares, curiosamente, únense ás reivindicacións de Adenco, que denunciaron o “arboricidio” levado a cabo nesta rúa.