7.9 C
Pontevedra
Mércores, 6 de Decembro de 2023
Máis

    Tag: belén villar

    O PP de Ponteareas recupera os seus tradicionais xantares populares logo de dous anos de pandemia

    O PP de Ponteareas, logo de dous anos de 'parón' por mor da pandemia, volverá a celebrar os seus tradicionais xantares populares. A cita será o vindeiro 31 de xullo no parque Bouza Vella a partir das 13:30 h. Os populares recuperan así estes tradicionais encontros que viñan reclamando afiliados e militantes.

    O PP de Ponteareas volve a solicitar ao Goberno local que amplíe o persoal de bombeiros

    O Grupo Municipal do PP de Ponteareas visitou as instalacións municipais de Bombeiros para trasladarlles "o compromiso firme da Vicepresidencia da Xunta" de dotar ao corpo cun novo vehículo homologado e adaptado para a extinción dos incendios na Comarca do Condado.

    O PP de Ponteareas solicitará o expediente do Servizo de Axuda no Fogar logo o Tribunal de Contratación o rexeite novamente o contrato

    O Grupo Municipal do PP de Ponteareas lamenta o que cualifica de "deixamento" do Goberno local logo de que o Tribunal de Contratación "suspenda por terceira vez" todo o aprobado recentemente no último Pleno da corporación local. Os populares consideran que Goberno non é capaz de sacar adiante este contrato e que "lles interesa seguir mantendo a situación de irregularidade coa empresa á que teñen prorrogado o servizo.

    O PP de Ponteareas solicita melloras no proxecto de asfaltado e ampliación da subida a Santa Cristina de Bugarín

    O Grupo Municipal do PP en Ponteareas vén de solicitar por escrito ao Goberno local unha serie de melloras no proxecto de asfaltado e ampliación da subida a Santa Cristina de Bugarín. Consideran os populares que o proxecto, “conta con graves deficiencias que poderían emendarse antes de proceder co asfaltado”.

    ACiP bloquea dúas mocións do PP para instar á baixada do IVE dos salóns de peiteado e a creación dun fondo de axudas á hostalería

    O Grupo Municipal do PP lamenta a actitude do portavoz de ACiP, Juan Carlos González Carrera, que, nas comisións informativas, bloqueou as dúas mocións presentadas polo PP por vía de urxencia. Nas mocións instábase ao Goberno do estado a reducir o IVE aplicado aos salóns de peiteado, barbarías e salóns de beleza, mentres que a segunda propuña a creación dun fondo de Cooperación Xunta-Deputación-Concello de Ponteareas para axudar á hostalería.

    O PP de Ponteareas denuncia que o Goberno local presenta os Orzamentos “sen manter reunións cos grupos da oposición”

    O Grupo Municipal do PP de Ponteareas lamenta a falta de diálogo do Goberno local que pretende aprobar, a semana que vén, o documento máis importante que ten o Concello, os seus Orzamentos. Os populares denuncian falta de diálogo e consenso ao presentar o documento "sen reunirse coa oposición e sen escoitar por tanto as nosas suxerencias”.

    O PP de Ponteareas solicita a “paralización urxente” da rede de calor de biomasa e piden “diálogo” ao goberno local

    O Grupo Municipal do Partido Popular de Ponteareas vén de solicitar a "paralización inmediata" das obras da Rede de Calor de Biomasa, levadas a cabo en pleno centro urbano de Ponteareas e que segundo a portavoz popular, Belén Villar "carrexaron un gran enfado entre os veciños da zona".

    O PP lamenta “a tala de árbores e falta de consenso” na humanización da rúa Redondela

    O Grupo Municipal do PP lamenta a "falta de planificación e consenso" Goberno local que está a remodelar a Rúa Redondela "sen ter en conta as necesidades e peticións dos residentes nesta zona", a firma a portavoz popular Belén Villar.

    O PP de Ponteareas denuncia o mal estado da Freixa e a súa praia fluvial

    O PP de Ponteareas denunciou hoxe o "mal estado e abandono" no que, ao seu entender atópase a Freixa e "comparte o malestar que denuncian os veciños pola suciedade da auga na propia praia fluvial derivada da acumulación de restos de follas e polvo que se producen pola colocación dunha 'corchera' ano tras ano".

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.