Martes, 17 Xuño de 2025

O PP de Ponteareas volve a solicitar ao Goberno local que amplíe o persoal de bombeiros

Os populares visitaron as instalacións do servizo de emerxencia para confirmar "que o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, comprometeuse a dotarlles cun novo vehículo"

O Grupo Municipal do PP de Ponteareas visitou as instalacións municipais de Bombeiros para trasladarlles “o compromiso firme da Vicepresidencia da Xunta” de dotar ao corpo cun novo vehículo homologado e adaptado para a extinción dos incendios na Comarca do Condado.

Segundo o PP, a Xunta “colabora cada ano co noso Concello cun convenio de máis de 150.000 euros na prevención e defensa contra incendios dos GES (Grupo de Emerxencias Supramunicipais), e agora darán un paso máis no seu compromiso con este servizo”.

A portavoz popular, Belén Villar, sinalou que os traballadores do servizo “do que máis se queixan é da falta de persoal, que dificilmente cobre os servizos, e que depende da vontade do Goberno municipal”.

Por exe motivo, asegura Villar, “imos solicitar, unha vez máis, mediante moción ao Pleno, a convocatoria urxente das prazas de Bombeiros que hai pendentes doutros anos, por parte do Goberno local”, explica Belén Villar.