13.5 C
Pontevedra
Luns, 29 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasO Concello de Ponteareas autoriza o inicio das obras da nova superficie...

    O Concello de Ponteareas autoriza o inicio das obras da nova superficie comercial do Parque da Curuxeira

    A empresa construtora ocupa un espazo para garantir o correcto desenvolvemento das actuacións, que será restituído ao seu estado inicial. Os traballos rematarán durante os últimos meses do ano.

    O Concello autoriza o inicio das obras que permitirán que os veciños e as veciñas dispoñan dunha nova área comercial no municipio, localizada no parque da Curuxeira. Para a construción do edificio que albergará un supermercado da firma Mercadona, a empresa solicitou á administración local os permisos necesarios para instalar varias casetas na contorna. Trátase de infraestruturas indispensables para que, por unha banda, os traballadores e as traballadoras poidan desempeñar o seu labor e, por outra banda, para garantir o correcto desenvolvemento das actuacións.

    O espazo que na actualidade ocupan estas casetas será restituído ao seu estado inicial toda vez que a construtora finalice as obras. Deste xeito, o parque da Curuxeira recuperará a parte do terreo no que agora se atopan estas infraestruturas antes de que teña lugar a inauguración da nova superficie comercial. Segundo as previsións, os traballos remataranse durante os últimos meses do ano.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.