21.6 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis

    Tag: persoal

    O Porriño aproba a maior achega municipal da súa historia para a contratación de persoal

    O pleno da corporación local aprobou cos votos a favor do Goberno Local e EU SON do Porriño, e a abstención do resto dos grupos, a maior aportación municipal da súa historia para a contratación de persoal. O custe do programa laboral deseñado polo executivo para a contratación de 43 persoas desempregadas ao abeiro da liña 3 do Plan Concellos roza o medio millón de euros: 450.489 euros, dos cales 226.489 corresponden á solicitude aprobada xa polo ente provincial.

    O Equipo de Goberno de Salceda inicia as negociacións para aprobar a RPT

    O Equipo de Goberno do Concello de Salceda ten xa rematada a proposta de Relación de Postos de Traballo (RPT) que este xoves será debatida cos representantes sindicais na mesa xeral de negociación convocada con este único punto na orde do día. O documento, que será o primeiro existente na historia do Concello de Salceda, permitirá a regularización dos diferentes postos existentes no Concello, así como a creación de novas prazas precisas para o correcto funcionamento da administración local.

    Salceda reduce a 35 horas semanais a xornada laboral do seu cadro de persoal

    A Mesa Xeral de Negociación do Concello de Salceda, convocada polo equipo de Goberno no día de onte, rematou con dúas importantes melloras para o cadro de persoal municipal ao aprobarse, por unha banda, a xornada laboral de 35 horas semanais e, doutra, a equiparación do persoal laboral e o persoal funcionario á hora de percibir un complemento do 100 % nas situacións de incapacidade temporal.

    O Concello de Salceda acepta a mediación despois das eleccións do 26M

    O Grupo de Goberno do Concello de Salceda ven de remitir resposta á proposición de mediación feita dende o Consello Galego das Relacións Laborais, manifestando "a súa vontade a aceptar dita mediación despois do 26 de maio", día en que se elexirá o novo Goberno Municipal. No comunicado, asinado polo...

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.