Dende o inicio do estado de alarma declarado pola crise sanitaria do Covid-19, tivemos que ir adaptando as nosas costumes e tomar medidas de hixiene e seguridade que fixeron extensible o uso de luvas ou máscaras de protección á case totalidade da poboación. Afortunadamente, a maioría da veciñanza está a cumprir coas novas medidas impostas, e dende o concello apelamos a que continúe así esta dinámica, para evitar calquera tipo de novo contaxio.
Unha das caras negativas da pandemia do Covid-19, e que está estreitamente vencellada ao medio ambiente, e que desafortunadamente, moitos dos elementos que se están a empregar para a prevención e protección como luvas ou máscaras, son depositados sen control en rúas e fincas, arrastrados despois polo vento, o que fai moi difícil o seu tratamento coma residuo e pasan directamente a contaminar de xeito irremediable o noso entorno, moitas veces espazos dunha gran importancia medioambiental.
É por elo que dende a concellería de Medio Ambiente do Concello da Guarda se fai un chamamento, a empresas e á cidadanía en xeral, a que se realice un correcto tratamento deste tipo de elementos de prevención e protección para que rematen nos contedores do lixo e non no medio ambiente.