Sábado, 3 Maio de 2025

‘Daniela Pirata e as mozas pirata’ chegan o 26 de xuño á Guarda

A actividade, organizada dende a Biblioteca Pública Municipal da Guarda, require unha inscrición previa en [email protected]

O Centro Cultural da Guarda acolle o vindeiro sábado día 26 de xuño a actividade de animación á lectura ‘Daniela Pirata e as mozas pirata’, por Donde Viven los Cuentos. A actividade, organizada dende a Biblioteca Pública Municipal da Guarda, terá lugar o sábado 26 de xuño ás 12:00 horas no salón de actos do Centro Cultural e require dunha inscrición previa no enderezo electrónico [email protected].

‘Daniela Pirata e as mozas pirata’ é un contacontos interactivo no que a nosa pirata preferida, Daniela, vivirá unha nova aventura co Caimán Negro. Nesta ocasión, coñeceremos ás Pirañas Intrépidas, un equipo que cumprirá as misión de Daniela con máis rapidez. Daniela competirá con elas pero descubrirá que xuntas son mellores. Unha aventura de cooperación trepidante e emocionante na que xogaremos e bailaremos.