A Oficina Municipal de Información Xuvenil, OMIX, do Concello da Guarda vén de anunciar a posta en marcha de dúas propostas formativas adaptadas a esta nova realidade que estamos vivindo marcada pola pandemia da COVID-19. Esta nova realidade marca estas actividades tanto na temática coma no formato, tratando de facilitar ao máximo o acceso a mesma. Así os dous cursos serán impartidos por teleformación, así dende calquera lugar cun ordenador e conexión a internet, os interesados e interesadas poderán participar neles.
Ferramentas dixitais de teletraballo, Ferramentas Google suite
O principal obxectivo do curso será proporcionar ferramentas para manexar e coñecer as funcionalidades de Google Suite: Gmail, Calendar, Chat, Hangout, cales son e como funcionan? Documentos, follas de cálculo, formularios, presentacións, almacenamento, pizarra dixital, libreta de notas etc.
Esta proposta desenvolverase os días 15 e 17 de xuño de 12 a 13 horas.
Redes sociais na procura de emprego: profesionaliza o teu perfil
Esta segunda proposta desenvolverase os días 22, 24 e 29 de xuño de 12 a 13 horas
En cada unha das xornadas analizaranse as tres redes sociais que se utilizan ou que teñen máis impacto. Así a primeira xornada estará dedicada a coñer o que nos aporta Facebook para o noso perfil profesional: reputación dixital, ferramentas, contidos, perfil profesional, perfil personal…
Instagram: razóns polas que debemos estar, razóns polas que están as empresas en instagram, razóns pola que é a rede que máis crece… e por último Linkedin: como alternativa aos currículums, desenvolver un perfil en Linkedin axeitado,procura de emprego, networking…
Para inscribirse nestas accións formativas ou obter información os interesados e interesadas so terán que poñerse en contacto coa OMIX a través do teléfono 676 347 890 ou no mail [email protected]