O Concello da Guarda, a través da Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller, retoma este mes de xuño o Ciclo de Cinema de Muller, suspendido tralo inicio da crise provocada pola pandemia da Covid-19. Esta actividade está enmarcada nas conmemoracións do Día Internacional da Muller 2020.
Programa de Cinema da Muller
O Centro Cultural da Guarda será o escenario para as dúas proxeccións do ciclo, os días 12 de xuño e 19 de xuño, que contarán, ámbalas dúas, cunha charla coloquio previa ás 20:00 h e posterior proxección ás 21:00 h.
O venres día 12 de xuño de 2020 proxectarase ‘As Lindas’ de Melisa Liebenthal.
As Lindas é un documental dirixido pola novísima Melisa Liebenthal (Bos Aires 1991) que a pesar de ser a súa ópera prima, foi xa premiada na sección Bright Future do Festival internacional de cinema de Rotterdam, e na terceira edición Asterisco do Festival internacional de cinema LGBTIQ, así como no BAFICI 2016, onde obtivo o premio á mellor directora na competencia arxentina.
¿Que é belo e que non o é? Melisa aborda os estereotipos de xénero baseándose nun arquivo documental de fotografías vellas onde aparecen ela e as súas amigas, feito que a leva a ter unha excusa para reunirse con elas, gravalas e entrevistalas para coñecer cuais foron as súas vivencias a partir da adolescencia e como as sentiron. Nestos encontros máis que sinceros, Melisa descobre que os medos e angustias que a chegaron en certo punto a obsesionar, foron medos compartidos polo resto das protagonistas nesta viaxe ao pasada e que agora levan a cabo xuntas dende unha perspectiva máis madura.
Para rematar este ciclo o venres día 19 de xuño de 2020 proxectarase ‘Histeria’ de Tanya Wexler.
Dr. Mortimer Granville (Hugh Dancy) é un xoven médico que constanmente ten problemas cos seus compañeiros polos seus puntos de vista modernos sobre a medicina. Granville é contratado como asistente polo Dr. Dalrymple (Jonathan Pryce), o cal está especializado no tratamento da histeria, un mal diagnosticado comúnmente ás mulleres da época, e que tiña por tratamento masaxes na área xenital para causar ‘convulsións paroxísticas’ que na verdade eran orgasmos.
Medidas de saúde e hixiene ante o Covid-19
- Aforo máximo do local: 50 persoas en butacas separadas e numeradas
- Diferenciación de accesos e saídas
- Recomendamos reserva previa no 986 61 0000 ext.5(en horario de 9:00h a 14:30h ou en [email protected]
- Desinfección previa da sala, butacas e disposición de xel hidroalcohólico para usuarios