14.3 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis

    Tag: industria

    A Xunta asesorará a Covelo no desenvolvemento dunha nova bolsa de solo no polígono industrial das Medelas

    A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda asesorará ao Concello de Covelo no desenvolvemento dunha nova bolsa de solo industrial no polígono das Medelas. Así llo trasladou, nunha reunión celebrada esta semana, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, ao alcalde, Pablo Castillo, quen indicou que en breve iniciará o estudo de viabilidade necesario para a plena incorporación da actuacións ao Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais.

    Redondela pon en marcha a Mesa de Asesoramento Económico e Reestruturación do Comercio

    Dispoñer de plans e ferramentas que, unha vez rematado o estado de alarma, contribúan a reactivación económica do municipio á maior brevidade posible, é o obxectivo da Mesa de Asesoramento Económico e Reestruturación do Comercio de Redondela que este pasado venres celebrou a súa primeira reunión telemática.

    Redondela convoca a primeira reunión da Mesa de Asesoramento Económico e Reestruturación do sector comercial

    O Concello de Redondela convocará esta semana a primeira reunión da Mesa de asesoramento Económico e Reestruturación do Sector Comercial, unha iniciativa que nace coa intención de comezar a traballar conxuntamente nun plan de acción para intentar paliar os efectos da crise que o estado de alarma polo COVID-19 traerá aparellada durante o mesmo e nas datas posteriores ao seu remate.

    A Xunta destaca en Ponteareas o potencial da industria forestal para xerar riqueza

    O conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, Francisco Conde, sinalou hoxe nunha visita á empresa ponteareá 'Maderas Hermanos Castro', o potencial da industria forestal "para xerar riqueza e oportunidades laborais en Galicia".

    A Guarda amosa a súa historia comercial e industrial nunha exposición na Casa dos Alonsos

    O pasado xoves día 1 de agosto a Casa dos Alonsos acolleu a inauguración da Exposición da a Asociación ACIGU - A Guarda Centro Comercial Aberto titulada «Historia Comercial e Industrial guardesa: Dende Mediados do Século XX ata a actualidade».

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.