Sábado, 3 Maio de 2025

A antiga vivenda dos mestres da escola da Poza en Camposancos recupérase para manter a súa utilidade social

O inmoble, unha vez recuperado, pasará a formar parte do programa de Vivendas Baleiras da Xunta de Galicia

O Concello da Guarda vén dar a coñecer a adxudicación das obras de rehabilitación da antiga vivenda de mestres da Escola da Poza en Camposancos empregada polo Departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda. Unha vez rematadas as obras, a vivenda pasará a formar parte do programa de Vivendas Baleiras da Xunta de Galicia do que, o Concello da Guarda, é entidade adherida.

Deste xeito, este inmoble empregado polo Departamento de Servizos Sociais e destinado para o seu uso por parte de aqueles colectivos máis vulnerables pola súa situación económica, persoal ou familiar, será sensiblemente mellorada e modernizada.

Os traballos abranguen non só abranguen a mellora do envolvente, instalacións e equipamentos, senón que tamén se fará modificación parcial da súa distribución interna para facela máis funcional.

As obras de recuperación desta antiga vivenda dos mestres da Escola da Poza enmárcase nunha subvención da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda cun orzamento de case 30.000 € e que se realiza en dúas anualidades 2019-2020.