Sábado, 3 Maio de 2025

GNR e HMB na sexta edición do «Cerveira Acústica»

O tributo á música portuguesa nun rexistro intimista co público, volve a estar presente no escenario do Auditorio Municipal de Vila Nova de Cerveira. Continuando coa aposta en artistas de renome e “cunha carreira internacional xa consolidada” sinala a organización, a sexta edición do «Cerveira Acústica» manten o nivel de excelencia dos artistas convidados.

GNR

GNR son deses grupos que, logo de 38 anos de carreira musical contrastada, non precisan presentacións. A banda de Porto, liderada por Rui Reininho, amosa o seu orgullo de desenvolver unha liña que é un verdadeiro himno á música portuguesa. Éxitos de sobra coñecidos no país veciño como Dunas, Efectivamente, Pronúncia do Norte, Asas Eléctricas, Mais Vale Nunca, ou Mosquito, avalían a súa traxectora.

O vindeiro 10 de agosto, ás 22h00 e cun prezo de entrada de 10 euros, o público asistente ao Auditorio Municipal de Vila Nova de Cerveira poderá lembrar, ao longo de hora e media de concerto, algún destes temas.

HMB

Uma semana máis tarde, o día 17 de agosto tamén ás 22h00 e, desta volta, cun prezo de entrada de 5 €, os HMB prometen sorprender ao público “cun espectáculo electrizante”. Héber Marques na voz, Joel Silva na batería, Daniel Lima nos teclados, Fred Martinho na guitarra e Joel Xavier no baixo,xa eran amigos e tocaban xuntos cando, aló polo 2007, decidiron dar un paso adiante e formar HMB.

Héber Marques atopa, nesta formación musical, o equilibrio perfecto para desenvolver o seu gusto polo Soul e R&B que que adquiriu pola afinidade coas súas orixes gospel. Os grandes nomes dos anos 60 e 70, como Al Green e Bill Withers e os máis recentes D’Angelo e ErykahBadu son algunas das referencias que inspiran a sonoridade desta banda.