9.8 C
Pontevedra
Domingo, 2 de Abril de 2023
Máis
    HomeA ParadantaCoveloCovelo recupera e mellora o espazo público no núcleo de Paraños

    Covelo recupera e mellora o espazo público no núcleo de Paraños

    Habitar espazos agradables que promovan os encontros, que faciliten a vida diaria e sexan unha boa tarxeta de presentación para as persoas que chegan é unha das cuestións ás que dan resposta as obras de “Recuperación e Mellora do Espazo Público no Núcleo Rural de Paraños” que xa comezaron a executarse e custarán 359.390 €.

    O alcalde, Pablo Castillo, agradece a colaboración da veciñanza que estes meses terá que convivir coa execución das obras despois de obter os permisos de Patrimonio para actuar na contorna da igrexa onde se atopan diversas manifestacións do patrimonio artístico e etnográfico, entre elas a igrexa parroquial de Santa María de Paraños do século XVIII; varios hórreos; cruceiros e petos de ánimas, así como construcións empregadas antigamente polos cereiros.

    O ámbito de actuación no que se centra este proxecto de recuperación e mellora do espazo público engloba tanto a praza  principal  do núcleo, como  unha parte do  trazado dos viarios que  o vertebran e que, partindo  dela, a conectan cos equipamentos públicos e privados principais como a igrexa, o parque infantil e área recreativa, o FAVUM (lagar da cera), o Centro de Interpretación da Ceraría, a Rectoral, o comezo e final do roteiro do río Xabriña, á área recreativa do Roupeiro e o centro cultural de Paraños.

    O Concello, no marco do Plan REACPON da Deputación de Pontevedra, actuará en  2.971,20 m²  conservando o arborado existente nunha zona que será de prioridade peoníl con tramos de plataforma única abertas ao tránsito necesario con medidas de redución e calmado de tráfico, consistentes na limitación da velocidade máxima a 10 km/h e na disposición de redutores físicos de velocidade.

    As actuacións ensalzarán a importancia dos elementos patrimoniais e así dotarase de  calidade  ó  pavimento  do  seu  espazo  circundante potenciándoo  con iluminación indirecta na base do seu perímetro.

    Coa intención de mellorar a integración entre as edificacións e os pavimentos do espazo público e de dotar de calidade estética ao conxunto convivirán pavimento de enlousado de granito silvestre gris/moreno, formigón coloreado e pavimentos brandos de mestura de xabre.

    Aproveitando a actual posición das árbores, créanse zonas de estancia para a veciñanza dispondo bancos ao redor das mesmas, buscando as diferentes zonas de vistas e, sobre todo, sombra ao longo do día. Ademais dispóñense dúas fileiras de bancos na zona frontal da fonte coa intención, non só de focalizar (ao carón deste ben patrimonial) o encontro entre os veciños e veciñas e o punto de partida do roteiro do río Xabriña, senón tamén para delimitar e protexer a fonte. Neste lugar colocarase un aparcadoiro para bicicletas.

    O pavimento de enlousado de pedra levantarase para proceder ao enlace das instalacións previstas  de  recollida  de  augas  pluviais  e  fecais  coas  redes  existentes,  momento  no  que  se  aproveitará  para regularizar algunhas zonas do mesmo que presentan un notable deterioro na súa planeidade.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS