Tag: depoandainas
As DepoAndainas chegan este domingo á senda do río Tea en Mondariz
Volven as DepoAndainas pola provincia de Pontevedra. A Deputación porá en marcha este próximo domingo, 22 de agosto, a terceira destas rutas gratuítas programadas para este verán, coas que a institución provincial quere fomentar o deporte e os hábitos saudables ao tempo que dá a coñecer á cidadanía a contorna natural e cultural da provincia.
A Deputación abre o prazo de inscrición para as rutas de bosques terapéuticos e unha nova DepoAndaina
Tras o éxito que acadou a primeira DepoAndaina de este verán, que percorreu esta fin de semana a Vía Verde dos concellos de Caldas, Portas e Vilagarcía, a Deputación de Pontevedra abriu este luns o prazo para inscribirse nunha nova ruta que se adentrará nos Muíños de Golfaríz, no concello da Estrada, o domingo 1 de agosto.
A Deputación abre hoxe o prazo de inscrición para a primeira das DepoAndainas 2021
A Deputación de Pontevedra abre hoxe luns, 28 de xuño, o prazo de inscrición para a primeira das DepoAndainas, que transcorrerá o domingo 18 de xullo pola Vía Verde que une os concellos de Caldas de Reis, Portas e Vilagarcía de Arousa.
A Deputación abre o prazo de inscrición para a terceira Depoandaina que percorrerá o Val das Fadas na Cañiza
Tras o éxito das dúas primeiras Depoandainas, a Deputación de Pontevedra abriu este luns 31 de agosto o prazo de inscrición para a terceira e última das rutas programadas para este verán. Nesta ocasión as persoas participantes percorrerán o Val das Fadas, no concello da Cañiza, o domingo 20 de setembro.
A Deputación abre o luns a inscrición para a segunda das ‘DepoAndainas’ que percorrerá a ‘Fervenza de Callobre’ na Estrada
Tras esgotar en apenas 24 horas as prazas para a primeira Depoandaina, a Deputación de Pontevedra abre este luns 10 de agosto o prazo de inscrición para a segunda das rutas programadas. Nesta ocasión as persoas participantes percorrerán a Fervenza de Callobre, no concello da Estrada, o domingo 30 de agosto.
Fin de semana de sendeirismo e natureza cos ‘Bosques terapéuticos’ e a primeira ‘Depoandaina’
A Deputación de Pontevedra levará esta fin de semana ata Ponteareas e Moaña dúas actividades que combinan sendeirismo e contacto co medio natural. Así, os “baños de bosque” serán protagonistas da oitava ruta do programa medioambiental “Bosques terapéuticos”, cun percorrido mañá sábado, 8 de agosto, pola Picaraña (Ponteareas).
Esgotadas en 24 horas as 200 prazas para a Depoandaina dos Muíños da Fraga en Moaña
As Depoandainas volven con forza neste 2020 esgotando en apenas 24 horas as 200 prazas para a primeira das actividades, que será a Ruta dos Muíños da Fraga en Moaña. Amais de completar o límite de prazas para participar, a andaina programada pola Deputación de Pontevedra tamén encheu a lista de agarda prevista.
A Deputación abre o luns a inscrición para a DepoAndaina de Cangas e Cíes
A Deputación de Pontevedra abrirá este luns 2 de setembro o prazo de inscrición para que as persoas interesadas podan apuntarse á DepoAndaina por Cangas e as Illas Cíes, a quinta das rutas programadas este ano pola institución provincial para fomentar hábitos de vida saudable e promover o turismo, que se celebrará o 29 de setembro.
Trescentas persoas participarán este próximo domingo na DepoAndaina por Salvaterra
A cuarta das sete DepoAndainas programadas este ano pola Deputación de Pontevedra, que se celebrará este domingo 1 de setembro, esgotou xa as 300 prazas postas a disposición de todas as persoas da provincia pola institución provincial. A maiores, o Concello de Salvaterra poderá ofertar outras 50 prazas adicionais.
A Deputación abre as inscricións para a Depoandaina da Toxa e as pasarelas de Pedras Negras
Desde este martes, 6 de agosto, estará aberto o prazo para que as persoas que o desexen poidan participar na terceira das DepoAndainas 2019 programadas pola Deputación de Pontevedra, que percorrerá distintos espazos do concello do Grove, entre eles o parque forestal da Illa da Toxa e a ruta das pasarelas de Pedras Negras.
As DepoAndainas deste ano amplian as súas rutas e comprométense co medio ambiente
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, deu a coñecer esta mañá a cuarta edición das DepoAndainas, un programa totalmente gratuíto que arranca a comezos de agosto con novas propostas e unha aposta decidida polo Medio Ambiente. Neste eido, tal e como informou Silva, esta edición amplía as...