18.9 C
Pontevedra
Luns, 17 de Maio de 2021
Máis
    HomeColaboradoresO Meu AndelXoán Babarro, «Teño oito anos e quero ser youtuber»

    Xoán Babarro, «Teño oito anos e quero ser youtuber»

    Conmemoramos o Día Internacional da Literatura Infantil e Xuvenil colocando neste particular andel o último traballo de Xoán Babarro, un dos nosos clásicos do xénero con máis de medio cento de títulos ás costas. Nesta ocasión o que nos ofrece é unha novela na que, tal e como desvela o título, asistiremos ás andanzas dun neno que, con só oito anos, soña con ser “youtuber”. Pero como non conta coa infraestrutura (nin a idade) necesarias para tal menester, decide comezar a practicar escribindo unha especie de diario no que nos dá conta das súas inquedanzas.

    Antón, que así se chama o protagonista, atende ás indicacións dunha profesora disposta a axudarlle a cumprir co seu soño, aínda que o primeiro paso sexa este de iniciarse na escrita. Dende o piso da cidade onde habita, ata a vida na aldea dos avós, Viladonda, o neno vai debuxando un entorno afable e agarimoso no que teñen cabida tanto as súas andainas como as descricións das persoas que o integran. E para iso manexa con soltura unha enorme dose de imaxinación. Probablemente sexa este un dos elementos máis salientables da narración, que se adobía con animais que reinan na horta da avoa por tempadas, medias noces convertidas en auténticos barcos piratas, soldados xigantes dunha galaxia afastada que “okupan” os montes en forma de aeroxeradores, nubes forzudas atadas con papaventos, e un verdadeiro derroche de fantasía en cada páxina.

    Redundando nesta idea, Babarro axúdase de numerosos recursos non estrictamente narrativos, como os elementos gráficos, que axudan a facer a lectura aínda máis axil. Abundan os cambios de tipografía, a inclusión de símbolos con distintas funcións, a integración de liñas ou pequenas ilustracións na propia narración, e outros recursos cos que sorprender constantemente ao lector. E abofé que, se esa é a súa intención, acada o seu cometido.

    Tamén sorprende a capacidade do autor para meterse na cabeza dun nenos de oito anos e escribir como el o faría. Son moitas as narracións para nenos que tratan de emular o seu xeito de redactar ou de contar, pero non sempre se resolve tal cuestión con habilidade. Construcións sintácticas complexas e un vocabulario máis propio dun adulto, acostuman a ser as principais grallas nestas tentativas. Ao meu entender, esta proposta de Babarro é unha honrosísima excepción e, por momentos, semella que realmente estivese contada por un neno de oito anos. E iso resulta enormemente meritorio.

    E para rematar, as fermosas ilustracións de Luz Beloso, un dos nosos grandes referentes neste eido, que por momentos parecen integrarse perfectamente no texto, coma se formasen parte del. A única mágoa é a teima da editorial de prescindir na colección “Árbore”, na que está editado, das cores, pois coñecendo á ilustradora, estou seguro de que lle darían unha nova vida ao libro.

    Xoán Babarro

    Teño oito anos e quero ser youtuber

    Ilustracións de Luz Beloso

    Galaxia

    COLABORACIÓNS

    ¡¿Libertad?!

    Hace unas semanas decía Spain is different y hoy me vuelvo a reafirmar en lo dicho. El estado de alarma se acabó en España ante la inoperancia de nuestros políticos; todos ellos, del primero al último, me da igual el color. Nadie ha sido capaz de plantear una alternativa al mismo después de año y pico de pandemia.

    Bea Sanfa, unha visión moi persoal de plans, receitas, viaxes e moito máis

    A día de hoxe podemos dicir que contamos no noso xornal cunha nova colaboración moi interesante e auténtica a cargo da soberina Bea Sanfa. Para nós é unha ledicia poder contar con esta sección que de seguro vos axudará nestes tempos que estamos a vivir.

    Nee Barros Fernández, «Identidade»

    «Identidade» é unha peza teatral que chega a nós como o primeiro traballo de Nee Barros, e nos presenta a un autor ao que haberá que prestar atención na súa andaina polas nosas letras. Poderiamos falar, de primeiras, de que é un texto preñado de sinceridade e rotundidade, pois o título é bastante contundente e, por se houbese algúnha dúbida, leva un subtítulo aínda máis aclaratorio: «A normalidade do non-común». E tal é o alicerce sobre o que se constrúe a súa historia: a revelación da normalidade na construción dunha identidade.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    4 POSTS0 COMMENTS
    Ángel Covelo
    6 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    1 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    38 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    30 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    1 POSTS0 COMMENTS