O Pleno do Concello da Cañiza aprobou o texto dun novo convenio entre o Concello e o Club Balonmán Cañiza, sinatura que prorroga a colaboración subscrita por primeira vez con carácter oficial o 21 de abril de 2022 e que se resume na achega de 20 000 €uros para a anualidade 2024 a pagar en 12 cotas de 1666,67 € ao mes.
Como ven sendo habitual o Concello de Salvaterra de Miño reforza o horario da Biblioteca Municipal nos meses de exames finais e que coinciden coas probas da ABAU. Este ano a ampliación será dende o 13 de maio e ata o 5 de xullo en horario continuo dende as 09:00 horas e ata as 20:00 horas de luns a venres.
O Concello de Covelo abre o prazo para inscribirse na xornada de interpretación astronómica 'Ceo de inverno. 4 estacións Starlight'. Enmarcada na programación de actividades anuais que oferta o Concello de xeito estable e gratuíto, a actividade desenvolverase no conxunto xeográfico do Faro de Avión o vindeiro venres 16 de febreiro aberta a tódolos públicos incluso para aquelas que teñan mobilidade reducida.
A deputada de Turismo, Nava Castro, visitou esta tarde en Pontevedra a mostra itinerante “A camelia, flor das galegas e dos galegos” que durante dez días encherá de cor a Praza de Santa María. Trátase dunha exposición que, tralo seu paso por Pontevedra, percorrerá os concellos da provincia nos que se organizan mostras sobre a camelia para “achegar a toda a cidadanía información sobre esta flor, dende a súa historia ata os seus coidados; a economía que xira a carón dela; a súa relación coas artes, a gastronomía ou a moda; os produtos da camelia ou a ruta que se pode realizar pola nosa xeografía arredor desta flor”, asegurou a deputada provincial.
O BNG dende o goberno da Xunta defenderá o mantemento da moratoria para o desenvolvemento da eólica mariña e a retirada dos megaproxectos eólicos previstos nos POEM que afectan a amplas zonas da costa galega, as máis produtivas, e concretamente á zona sur da provincia de Pontevedra dende Baiona ate o norte de Portugal. “Son iniciativas arrasadoras, por iso é importante paralas”, destacou.
O Concello busca alternativas sostibles para empregar como base do céspede artificial na próxima remodelación do campo de fútbol da Mata. A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís; o concelleiro de Deportes, José Carlos Martínez Crespo; e o edil de Vías e Obras, Germán Fernández visitaron as instalacións da Cidade Deportiva do S.C. Braga xunto ao seu director, Paulo Ferreira, para coñecer a súa experiencia tras empregar cortiza como base dende 2018.
Xunto á pesqueira do Coxo, en Arbo, descubrimos da man de Florencio Gago que no Tratado de Límites do 1864 aparecía co nome de “pesqueira de Figueiros” pasando máis tarde a ser coñecida como “pesqueira Gloria” e decatámonos de por que é tan necesario o nacemento da “Asociación Río Miño Natureza Ignacio Gago”, asociada ao GDR Condado Paradanta.
O valo publicitario municipal instalado na Avenida dá Foz do Miñor, na entrada de Baiona, acolleu o acto de presentación da cartelería da XXVIII Festa da Arribada que se celebrará en Baiona os días 1,2 e 3 de marzo. A cartelería rompe coa estética dos últimos anos e volve á esencia da festa –a chegada da Carabela Pinta ao porto de Baiona– e ao rigor histórico –coa fortaleza de Monterreal–, todo iso baixo a técnica da ilustradora Nuria Bouzas Loureiro.
O Concello de Baiona acolleu a Xunta Local de Seguridade co motivo da XXVIII Festa da Arribada, reunión que foi presidida polo subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, e polo alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña. Responsables e mandos da Policía Local de Baiona e Nigrán, da Garda Civil do Posto Prinicpal de Baiona, da Garda Civil de Tráfico e da Comandancia de Pontevedra; e representantes da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) revisaron o plan de seguridade que se poñerá en marcha para garantir a seguridade dos miles de visitantes que acudirán a festa durante os tres días de celebracións.
A Feira Internacional do Turismo, Fitur, que a próxima semana se celebra en Madrid é un dos grandes escaparates mundiais no sector turístico. Redondela estará presente cunha proposta de turismo de natureza e experiencial. A intención é “poñer en valor o patrimonio natural e paisaxístico do municipio a través do turismo”,sinala a alcaldesa Digna Rivas.
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda vén de facer un chamamento á veciñanza da Guarda "a participar na manifestación convocada por SOS Sanidade Pública o próximo domingo 4 de febreiro en Santiago de Compostela para denunciar a situación de deterioro permanente do sistema sanitario público galego".
Coñecer a extensa lista de posibilidades que existen, entender que temos o dereito a equivocarnos, comprender que un estudo pode non reunir as expectativas agardadas, definir quen toma a decisión sobre o itinerario e estudos que quere cursar o alumno/a, non facer dunha decisión un conflito ou imposición ou como retomo os meus estudos son algunhas das cuestións que abordarán as/os profesionais dos nosos centros educativos na III Xornada de Itinerarios e Orientación organizada pola Asociación de Nais e Pais do IES Val do Tea de Ponteareas e o equipo de dirección en colaboración coa Federación de Asociacións de Nais e Pais (FANPO)
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.