Luns, 5 Maio de 2025

Ultimas Noticias

O delegado da Xunta e a alcaldesa visitan en Tomiño as obras de mellora e seguridade viaria realizadas no cruce do ‘empalme’

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González Álvarez, visitou este medio día, acompañada do delegado da Xunta en Pontevedra, Luis López Diéguez, e do xefe territorial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, José Luis Díez, ás obras de mellora e seguridade viaria levadas a cabo na estrada PO-552 (punto quilométrico 60+300 e 60+700) na intersección coa PO-344 no concello de Tomiño; zona coñecida popularmente coma cruce do empalme, que da acceso ao núcleo da vila.

O Concello do Rosal aproba un proxecto de mellora de abastecemento de auga en Viso dos Eidos

O Concello do Rosal aprobou en Xunta de Goberno comezar este mes de abril o proxecto de mellora de abastecemento de auga na zona de Viso dos Eidos coa que “optimizar as conexións e garantir o subministro”. As obras, desenvolvidas ao abeiro do Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra e cun investimento de arredor de 39.000 euros, permitirá a mellora da conexión da rede existente no Camiño da Buraca e que vai ata a Subida a Martín.

Galicia rexistra un total de 3.015 casos activos por coronavirus

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.015, deles 733 son da área da Coruña, 204 da de Lugo, 257 da de Ourense, 485 da de Pontevedra, 878 da área de Vigo, 341 da de Santiago e 117 da de Ferrol.

Galicia rexistra un total de 2.939 casos activos por coronavirus

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.939, deles 728 son da área da Coruña, 210 da de Lugo, 263 da de Ourense, 466 da de Pontevedra, 823 da área de Vigo, 339 da de Santiago e 110 da de Ferrol.

Maite Isla, pregoeira do Corpus 2021 de Ponteareas

Maite Isla, natural de Mondariz pero veciña de Ponteareas dende a infancia, será a pregoeira do Corpus 2021 de Ponteareas. A pregoeira garda unha gran relación co Corpus ponteareán, grazas á súa colaboración coa festividade e á súa labor como alfombrista en distintos tramos alfombrados ao longo da súa vida.

O alcalde de Baiona pon ao dispor do Sergas “as instalacións municipais que puidesen precisar” para axiliar as vacinacións no Val MIñor

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, vendo que o ritmo de vacinación "non é o idóneo e ante as grandes aglomeracións que veñen producindo no IFEVI", fixo chegar ao Sergas "a total predisposición do Concello de Baiona" en colaborar en todo o que sexa necesario para facilitar que a campaña de vacinación masiva da poboación do Val Miñor, "axilícese e se leve a cabo no municipio".

O Concello de Tui renova na súa totalidade o parque infantil da Gándara en Guillarei

Dende comezos de mes estanse a executar as obras de renovación total do parque infantil da Gándara en Guillarei. Suporán un investimento de 127.676,38 € financiados con cargo ao Plan Concellos 2019 da Deputación de Pontevedra. A actuación contempla a renovación de toda a solera e un novo peche perimetral do parque. Crearanse dous espazos diferenciados, ambos con céspede artificial.

Galicia rexistra un total de 2.875 casos activos por coronavirus

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.875, deles 699 son da área da Coruña, 211 da de Lugo, 261 da de Ourense, 461 da de Pontevedra, 789 da área de Vigo, 350 da de Santiago e 104 da de Ferrol.

Teatro da Ramboia achega a Ponteareas, este sábado, ‘O meu mundo non é deste reino’

Este sábado, o escenario da sala multiúsos do Auditorio Municipal de Ponteareas acolle unha nova proposta teatral, no marco do convenio subscrito entre a Concellaría de Cultura do Concello de Ponteareas e a Axencia Galega das Industrias Culturais. Trátase do espectáculo 'O meu mundo non é deste reino', da compañía Teatro da Ramboia.

Digna Rivas, “Redondela conta unha mocidade dinámica, activa e implicada na mellora do seu municipio”

“Redondela conta cunha mocidade é unha infancia dinámica, activa e absolutamente implicada en todos os temas que poidan supoñer unha mellora para o seu municipio e para a calidade de vida, non só do sector máis novo da poboación, senón para o total da veciñanza”, asegurou a alcaldesa Digna Rivas ao remate da reunión telemática do Consello Municipal da Infancia e a Adolescencia celebrado na mañá de onte.

Nigrán homenaxea este venres a Álvaro Cunqueiro no seu 40 cabodano dentro dos actos do Día do Libro

O Concello de Nigrán celebra o Día do Libro este propio venres 23 de abril no Auditorio Municipal cunha xornada matinal adicada á figura de Álvaro Cunqueiro ao coincidir este 2021 co seu 40 cabodano. O obxectivo do goberno local é promover a lectura entre a veciñanza e, ao mesmo tempo, a propia lingua galega a través dun dos seus escritores máis ilustres.

A Xunta destina máis de 200.000 euros ao Baixo Miño para á mellora de camiños municipais ao abeiro do Plan Marco

O delegado territorial, Luis López, anuncia que o Concello de Oia ten consignados para este exercicio 41.652€ deste programa e supervisa a actuación realizada nas Gandarelas e As Amadas coa anterior convocatoria, na que se investiron 37.000 €