Domingo, 6 Xullo de 2025

É Noticia

Areeiro chama a vixiar as viñas ante a previsión de cambios meteorolóxicos

A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de lanzar un novo aviso fitosanitario no que fai fincapé na necesidade de aplicar os tratamentos contra o mildio de xeito razoando e non por calendario, como se fixo tradicionalmente, cumprindo deste xeito coa normativa vixente.

Zona Franca, Xunta e Incyde abren a segunda edición da incubadora de automoción «High Tech Auto»

O Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Xunta de Galicia presentaron onte, nun encontro virtual, a segunda edición dunha incubadora única en España, High Tech Auto, que abre as inscricións. A incubadora capta proxectos e ideas para o sector da automoción co obxectivo de convertelas en empresas viables. Ao acto asistiron o delegado da Zona Franca, David Regades; o conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, Francisco Conde, e o director xeral da Fundación Incyde, Javier Colado; así como representantes das tres universidades galegas e centros tecnolóxicos.

A Xunta de Galicia xa vacinou contra a COVID-19 AO 87 % das persoas maiores de 80 anos

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, vén de informar que 203.596 persoas maiores de 80 anos xa foron vacinadas en Galicia, unha cifra que representa o 87 % deste grupo de poboación. Segundo apuntou García Comesaña, a Xunta ten previsto chegar durante esta semana ao 90 % de persoas vacinadas neste tramo de idade. Ademais, apuntou que, na actualidade, o 2,63 % das persoas maiores de 80 anos rexeitaron recibir a vacina.

Carmela Silva, “ter nesta provincia a sede da misión biolóxica convértenos nun referente da ciencia”

A fluída colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Misión Biolóxica de Galicia, que leva case un século aloxada nunha finca propiedade da institución, fai posible que a nosa provincia sexa “unha referencia en ciencia” outorgando prestixio a Pontevedra, situándoa no mapa e “dándolle un valor global a todas as persoas que habitan nela”.

A Xunta impulsará unha oferta de 16 másteres de FP a partir do próximo curso que mellorará e especializará aos titulados

A Xunta de Galicia vai impulsar a oferta de 16 másteres (cursos de especialización) de Formación Profesional no sistema educativo galego a partir do vindeiro curso 2021/2022. Anuncioullo o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, aos representantes empresariais de toda Galicia

A Xunta comeza mañá unha nova vacinación masiva citando a 145.000 persoas

A Consellería de Sanidade comezará a partir de mañá a vacinación masiva das persoas que naceron entre os anos 1942 e 1946, así como entre 1956 e 1961. Nestes casos a convocatoria farase atendendo a criterios de idade, comezando polos maiores.

A historia de ‘Rulo’, o bulldog francés que se recupera no CAAN dunha complicada operación de hernia discal

'Rulo' é un precioso exemplar de bulldog francés que leva desde outubro de 2019 no Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra. Fora rescatado en Redondela xunto a unha cadela boxer, 'Rua', en lamentables condicións e con risco de perder a vida por unha situación de maltrato. Neste senso, o Seprona comisara os animais ao seu dono, a quen se instruíra unha denuncia por abandono que aínda está pendente de resolución xudicial.

Deputación e USC ‘rescatan’ a memoria das galegas da emigración cun convenio dentro da Cátedra Iberoamericana

No último día de marzo, un mes simbólico na loita feminista, a Deputación de Pontevedra e a Universidade de Santiago de Compostela asinaron o convenio de colaboración para o desenvolvemento do proxecto 'Pontevedra en América: unha mirada en feminino', enmarcado na Cátedra Iberoamericana da USC, para reivindicar o papel das mulleres galegas da emigración e a pegada que deixaron na diáspora.

A Xunta de Galicia posibilitará aos cidadáns que se vacinen obter un certificado dixital de vacinación

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou en rolda de prensa, dos acordos do comité clínico celebrado. O titular da carteira sanitaria do Executivo galego destacou que a Xunta de Galicia vai posibilitar, a partir da primeira quincena de abril, aos cidadáns que se vacinen, acceder a un certificado dixital que poderá ser validado a través da súa sede electrónica.

Sanidade lembra a importancia da detección precoz no Día Mundial contra o Cancro de Colon

Con motivo do Día Mundial contra o Cancro de Colon, que se celebra hoxe, a Consellería de Sanidade quere lembrar a importancia da detección precoz desta enfermidade, e fai un chamamento a poboación para que participe nos cribados do Programa galego de detección precoz do cancro colorrectal.

A Rede Europea ‘Polis’ cualifica o proxecto Ágora da Deputación como unha “boa práctica inspiradora”

‘Polis’, a Rede Europea Para a Innovación no Transporte, vén de cualificar o proxecto Ágora para recuperar espazo público na provincia de Pontevedra como “unha boa práctica inspiradora” e convidou á Deputación a expoñer o seu proxecto ante representantes de cidades e rexións de toda a Unión Europea.

A Deputación destina este ano case 680.000 euros aos clubs de alto nivel, un 7,19 % máis que no 2020

O Salón de Plenos do Pazo Provincial acolleu un 'acto de orgullo', no que a Deputación de Pontevedra quixo facer un recoñecemento público aos clubs masculinos de elite da provincia, como na pasada semana o fixo cos femininos. A presidenta, Carmela Silva, e o deputado de Deportes, Gorka Gómez, recibiron a representantes do Club Balonmán Cangas, Club Cisne de Balonmán, Coruxo C.F., GD Supermercados Froiz, Club Ciclista Rias Baixas, Club AMFIV, Gimnástica de Pontevedra, Bádminton Ravachol, Tenis de Mesa Monte Porreiro e da Agrupación Deportiva Vincios.