Luns, 7 Xullo de 2025

É Noticia

Areeiro recomenda a constante revisión das viñas para detectar e frear posibles síntomas do mildio

A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de lanzar un novo aviso fitosanitario no que recomenda unha revisión constante das viñas con motivo da favorable situación para o desenvolvemento do mildio, ante as condicións de inestabilidade meteorolóxica previstas para os vindeiros días.

Chega a II edición do Ciclo Aida Fernández Ríos da man da Deputación e da RAG de Ciencias

A Deputación de Pontevedra e a Real Academia Galega de Ciencias presentaron hoxe o convenio da segunda edición do “Ciclo Aida Fernández Ríos”, que se celebrará entre abril e decembro, destinado a espertar o interese do gran público sobre temas de actualidade científica con repercusión social e impulsar o labor científico en Galicia.

Comezan as xornadas online “Mirando más allá de la E.I.I y la ostomía”

ACCU Vigo pon en marcha “Mirando más allá de la E.I.I. e la ostomía”. Un proxecto de 12 xornadas en liña onde profesionais de diversos campos falarán de temáticas non só médicas, senón doutros moitos puntos de interese para pacientes, familiares, coidadores ou profesionais.

A Audiencia anula a sentenza que condeaba a Audasa a devolver as peaxes cobradas a usuarios da AP9 afectados polas obras de Rande

A sección primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra acolleu o recurso de apelación interposto por Autopistas del Atlántico Concesionaria Española (Audasa) contra a sentenza do Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra que a obrigaba a devolver as peaxes cobradas a usuarios da AP-9 afectados polas obras de ampliación da ponte de Rande, realizadas entre febreiro de 2015 e xuño de 2018.

Gonzalo Caballero propón acordar xa o mapa de prioridades sobre os proxectos para fondos europeos ante o “suspenso” da Xunta

O portavoz do Grupo Parlamentario Socialista, Gonzalo Caballero, emprazou hoxe ao presidente da Xunta a aceptar a “man tendida” dos socialistas galegos para acordar...

SmartPepe pon en marcha esta semana outros catro obradoiros online

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana catro novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versan sobre como utilizar Instagram para promover unha empresa, como xestionar e comercializar vivendas e apartamentos turísticos, falarase de Blockchain: unha tecnoloxía que pode cambiar o mundo, e de como crear unha páxina profesional con WordPress.

A Xunta vacinou o sábado a máis de 11.000 persoas do grupo de poboación entre 60 e 65 anos

A Xunta de Galicia vacinou contra a COVID-19, na xornada do sábado, a 11.286 persoas pertencentes ao grupo poboacional de entre 60 e 65 anos. Así, ao redor do 70 % das persoas convocadas para recibir a primeira dose acudiu a súa cita de vacinación.

A Deputación aproba o convenio con Salvaterra para cumprir unha “demanda histórica” de mellora da seguridade nos accesos ao colexio de Leirado

A Deputación de Pontevedra dá os primeiros pasos para mellorar a mobilidade peonil e a seguridade viaria nos accesos ao CEIP Leirado de Salvaterra pola estrada provincial EP-4006, que une As Neves e Ponteareas. Deste xeito, a Xunta de Goberno da institución provincial vén de aprobar o convenio co concello a través do cal se investirán máis de 214.000 € para dar resposta á unha das demandas histórica de Salvaterra.

A Axenda 2030 e as mulleres na administración pública, protagonistas dunha nova xornada da ‘Escola María Vinyals’

A Deputación de Pontevedra e a Universidade de Santiago de Compostela, a través da Cátedra Iberoamericana, veñen de converter á Axenda 2030 e á administración pública en protagonistas dunha xornada “potentísima” da Escola de Igualdade María Vinyals que terá lugar os xoves 22 e 29 de abril.

‘Descúbreas’ reivindica a voz das “aloitadoras” que comezan na industria musical

Música feita por mulleres, reivindicación feminista e visibilidade ás artistas da provincia. A explanada de Montero Ríos de Pontevedra, ao pé da escalinata exterior do Pazo Provincial, foron esta tarde o escenario perfecto para o “programón”, en palabras da presidenta da Deputación, Carmela Silva, do evento de “Descúbre-as” co que a institución devolveu a música en vivo á cidade de Pontevedra da man “das nosas aloitadoras e conquistadoras, as nosas brillantes activistas da vida cotiá na música”.

A Deputación pecha a Liña 3 do Plan Concellos 2021 coa creación de 900 postos de emprego

A Deputación de Pontevedra completou a adxudicación da Liña 3 do Plan Concellos 2021 que se traduce na creación de case 900 postos de emprego nos municipios da provincia. Cun investimento de 9,2 millóns de euros un total de 56 concellos poderán financiar a contratación de 876 persoas para traballar en postos municipais.

A Deputación facilita que os ‘Concellos Revitaliza’ contraten a novas mestras e mestres compostadores propios

A Deputación de Pontevedra vai aprobar este venres en Xunta de Goberno a terceira liña de axudas para subvencionar a contratación de mestras e mestres compostadores por parte dos ‘Concellos Revitaliza’. Este persoal pasará a formar parte do plantel de traballadores municipal durante un prazo de tres anos e encargarase de desenvolver o modelo de xestión de lixo baseado na compostaxe, xestionando os centros de compostaxe comunitaria, revisando e controlando os composteiros individuais, e atendendo á cidadanía.