A Deputación de Pontevedra presentou hoxe a programación que desenvolverá para conmemorar as Letras Galegas 2021 baixo o lema ‘365 días en galego’ con actividades durante todo o ano dirixidas principalmente á xente moza. O seu obxectivo: reivindicar a lingua propia como identidade e espertar a responsabilidade persoal da cidadanía para que non deixe de falar en galego, así como de todas as institucións para que cumpran a súa obriga de fomentalo.
A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, lanzou un novo aviso fitosanitario no que segue a referirse ao mildio e á necesidade de renovar os tratamentos contra esta enfermidade da viña ante as condicións meteorolóxicas que se esperan para os vindeiros días, a menos que xa se teña feito esta aplicación e constatado a súa eficacia.
A cuarta edición do Trail Aventura Muíños do Folón chega este domingo ao Rosal cunha proba adaptada ao cento por cento á nova realidade. Máis de 400 persoas participarán nesta carreira cun percorrido de 15 quilómetros e un protocolo sanitario específico deseñado para velar pola saúde de todas as persoas: durante unha hora e media celébranse saídas de dous corredores cada 20 segundos.
A vangardista aperta da escultora Soledad Penalta destinada aos concellos e á veciñanza da provincia ocupa dende hoxe o emblemático espazo da escalinata interior central do Pazo da Deputación. “Esta escultura representa o mellor da sociedade” asegurou a presidenta Carmela Silva no acto de inauguración da obra ao referirse a que simboliza “un mundo local con inmensa capacidade de transformación” e racha coa histórica “preponderancia masculina nas institucións"
O AECT Río Minho, da man da CIM Alto Minho e do Centro de Estudos Eurorrexionais (CEER), arranca mañá venres o II Foro da Cultura do Rio Miño Transfronteirizo ‘Culturminho’ que se prolongará durante este mes co obxectivo de concretar propostas e iniciativas culturais conxuntas no territorio miñoto coas que optar a fondos europeos.
O cruce que conecta o centro de Gondomar coas estradas provinciais que dan servizo ás parroquias de Peiteiros, por unha banda, e Chaín-Morgadáns, pola outra, será humanizado cunha gran transformación que vai acometer a Deputación en convenio co Concello de Gondomar e que vai supoñer un investimento de 271.769 euros.
Hai adopcións que se fan en tempo récord. O luns 26 de abril os seus nomes entraban na web do CAAN na lista cans e cadelas listos para ser adoptados e o mércores 28 os sete preciosos cachorros que o persoal do centro rescatara en febreiro con tan só un día de vida nun monte en Valga xa tiñan atopado un novo fogar.
‘O Museo en camiño’, unha iniciativa do Museo de Pontevedra e do programa ‘O teu Xacobeo da Xunta de Galicia , realizará a súa cuarta parada no Camiño Portugués en Ribadelouro (Tui) para dar a coñecer as obras máis importantes que ten nas súas coleccións a institución museística pontevedresa e difundir o ‘espírito xacobeo’ na xente máis nova da vila.
Baixo o mellor acompañamento musical dun grupo de gaitas e un cuarteto da Escola de Música local, e cunha nutrida presencia de veciños e veciñas, así como de representantes municipais de todos os concellos do Baixo Miño, o emblemático edificio do Mercado do Rosal estreou hoxe por todo o alto a súa renovada imaxe. Trátase do primeiro paso dunha reforma impulsada polo Concello que ten como obxecto converter este inmoble nun espazo vivo co que propiciar o comercio de proximidade e o consumo dos produtos da zona e, con eles, a dinamización do núcleo do Rosal económica e socialmente.
A resistencia aos antibióticos e a obesidade como pandemias silenciosas serán os eixos temáticos escollidos para protagonizar a segunda xornada do “Ciclo Aída Fernández Ríos” que continúa a súa andaina este xoves 6 de maio.
O Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia volve a ser un ano máis obxecto dos cursos formativos de guías na rede dos parques nacionais. Así, todas as persoas interesadas en participar nesta actividade formativa poden presentar a súa solicitude ata o vindeiro 16 de maio.
Un círculo feito con seis botellas de auga foi o 'espazo protector' no que Ainhoa Hernández e Laura Ramírez, as artistas que conforman Twins Experiment, dialogaron cos seus corpos nunha nova acción do programa da Deputación de Pontevedra 'Mulleres en acción. Violencia Zero' que tivo lugar no auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.