Luns, 7 Xullo de 2025

É Noticia

O Museo de Pontevedra vincúlase a IMPACTOUR

O Museo de Pontevedra entrou a formar parte de IMPACTOUR, un proxecto financiado con fondos do Programa de Investigación e Innovación Horizonte 2020 da Comisión Europea, que ten como obxectivo estudar o impacto do turismo cultural no crecemento económico rexional da UE.

A Deputación entra na Subcomisión Permanente do Pleno da Comisión de Deputacións da FEMP

A Deputación de Pontevedra xa forma parte da Subcomisión Permanente do Pleno da Comisión de Deputacións, Cabildos e Consellos Insulares da FEMP, constituída hoxe. Nunha sesión telemática, na que participou a presidenta Carmela Silva, se formalizou a relación de administracións provinciais que formarán parte da mesma, entre as que estará a Deputación de Pontevedra, e definíronse as funcións da subcomisión que se reunirá cada catro meses de forma rotatoria. De feito, xa se convocou a primeira reunión que se celebrará en Almería o 17 de setembro.

A Xunta denuncia un novo incumprimento na rebaixa das peaxes da AP-9

A Xunta denuncia un novo incumprimento na rebaixa das peaxes da AP-9 e insta ao Goberno de España a aclararlle aos galegos cando fará efectivos os descontos.

Esgotadas en 24 horas as 104 prazas para a primeira actividade do ‘Depo Auga’ no río Deva na Cañiza

Depo Auga, o novo programa da Deputación de Pontevedra que combina deporte e natureza a través do paddle surf e o kayak nos ríos da provincia, tense estreado cunha excepcional acollida. Así, as 104 prazas para a primeira das actividades, prevista o vindeiro 8 de agosto no río Deva, no concello da Cañiza, esgotáronse en tan só 24 horas trala apertura este luns do prazo de inscrición, e tamén está completa a lista de agarda para o caso en que se produzan baixas.

A Deputación recibe ao nadador Chano Rodríguez e concede axudas a cada deportista paraolímpico

A Deputación de Pontevedra recalca o seu apoio aos deportistas da provincia que competirán nos Xogos Olímpicos e Paralímpicos de Tokio cunha recepción ao nadador Sebastián (“Chano”) Rodríguez Veloso, que mantivo un encontro co deputado Gorka Gómez.

A Deputación apoia económicamente aos deportistas da provincia que competirán en Tokio

A Deputación de Pontevedra apoia este ano ás e aos deportistas da provincia que competirán nos Xogos Olímpicos e Paralímpicos de Tokio cunha liña de axudas de 75.000 euros que ten como novidade a distribución de achegas lineais de 5.000 euros.

Sanidade habilita o 900 400 116 para obter o certificado de vacinación

A Consellería de Sanidade, vén de habilitar unha nova modalidade para obter o certificado de vacinación covid-19, a través do número de teléfono 900 400 116.

A Deputación abre a inscrición para a actividad DepoAuga no río Deva, na Cañiza

A Deputación de Pontevedra acaba de abrir a inscrición para a primeira das actividades do DepoAuga, a principal novidade da súa programación deportiva na natureza para este verán, consistente nunha ruta guiada polos ríos o praias da provincia nunha táboa de paddle surf ou nun kayak.

A Deputación achega 130.000 euros a 26 entidades de 13 concellos para impulsar actividades turísticas

A Xunta de Goberno da Deputación vén de aprobar a concesión de 130.000 € a 26 entidades de 13 concellos da provincia para impulsar actividades turísticas coas que a institución pretende contribuír ao fomento do turismo e a súa profesionalización, impulsando iniciativas encamiñadas a estimular o sector, a súa calidade, accesibilidade e sustentabilidade, así como á promoción dos recursos turísticos da provincia.

SmartPeme pon en marcha tres novos obradoiros online

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana tres novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática.

A Deputación aproba convenios con Tomiño e As Neves para novos proxectos de mobilidade peonil con casi medio millón de euros

A Xunta de Goberno da Deputación ven de aprobar os convenios cos concellos das Neves e Tomiño para abordar novas obras de mellora da mobilidade peonil que se van desenvolver respectivamente en dous tramos dos viarios provinciais EP-4006 e EP-3102 que transcorren por ambos municipios. O investimento previsto para estes traballos , ambos deseñados baixo o modelo de mobilidade segura e sostible da institución provincial, ascende a 428.305 euros.

Gonzalo Caballero aposta por un compromiso galego contra o cambio climático para defender “o dereito ao futuro das seguintes xeracións”

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou onte o parque natural das Dunas de Corrubedo, dende onde lanzou unha mensaxe “ecoloxista” e de “compromiso co medio” coa vista posta na necesaria loita contra o cambio climático.