O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asinou este martes co conselleiro de Medio Rural, José González, un protocolo de colaboración para a prevención e defensa contra os incendios forestais. Un acordo a través do cal a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia achegan 300.000 euros cada unha para ratificar o compromiso compartido na loita contra o lume e para realizar actuacións conxuntas dirixidas ao mantemento e conservación das infraestruturas preventivas e da contorna agroforestal dotando de medios materiais aos concellos da provincia.
A Deputación de Pontevedra ten aberto ata o xoves 22 de febreiro o prazo para que os concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia poidan solicitar axudas provinciais para impulsar políticas sociais nos seus termos municipais. Trátanse de recursos enmarcados no Plan de Cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarias e das Axudas Básicas de Emerxencia que, este 2024, ascenden a 3,7 millóns de euros.
A candidata do PP polaprovincia da Coruña e conselleira de Infraestruturas, Ethe lVázquez, e o presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López, desprazáronse onte ata Tomiño para, xunto á voceira municipal, Lara Meneses, defender que só co Partido Popular está garantido o remate da Vía de Altas Prestacións (VAP) Tui-A Guarda, que beneficiará nun alto grao a mobilidade entre os cinco concellos e os desprazamentos dos seus 50.000 veciños.
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, reuniuse esta semana co presidente da Real Academia Galega de Ciencias, Juan Manuel Lema, e coa súa vicepresidenta, Alicia Estévez, para tender pontes e abordar vías de colaboración entre ambas institucións. Na xuntanza, e aproveitando a conmemoración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, o presidente incidiu na importancia de visibilizar o liderado feminino no ámbito científico e na necesidade de achegar ás nenas nomes de mulleres referentes nas STEAM.
A Deputación acaba de aprobar en Xunta de Goberno destinar máis de 2,3 millóns de euros para que 15 concellos da provincia contraten a 172 persoas desempregadas ao abeiro da liña 3,de activación do emprego, do Plan + Provincia. Benefícianse destes recursos Caldas, Covelo, A Illa de Arousa, Lalín, Mondariz, As Neves, Oia, Pazos, O Porriño, Redondela, Rodeiro, O Rosal, Silleda, Tui e Vila de Cruces. “Nun mes –remarcou o presidente provincial Luis López– temos concedido xa 3,1 millóns para que 22 concellos da provincia poidan contratar a 253 persoas.
A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico para pemes e persoas autónomas, oferta esta semana dúas novas accións formativas enmarcadas na súa carteira de obradoiros. As actividades, que se celebrarán de xeito telemático, abordarán temas relacionados coa ciberseguridade e Airbnb.
A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar o plan bianual (24/25) do servizo de vixilancia, inspección e control da xestión de residuos de competencia municipal que botará a andar en 15 concellos da provincia cun investimento de máis de 455.000 euros. O presidente da institución provincial, Luis López, explicou que “traballaremos para mellorar os datos de separación de fraccións de residuos” nos concellos de Baiona, Barro, Bueu, Cangas, A Cañiza, Gondomar, A Guarda, Meis, Moaña, Mondariz-Balneario, As Neves, O Rosal, Salceda, Silleda e Tomiño.
Galicia propuxo este ano un total de 117 praias –40 pertencentes á provincia da Coruña, 16 á de Lugo e 61 á de Pontevedra– como candidatas a optar á Bandeira Azul 2024, a mesma cifra que as que xa presentara na edición anterior. Así o avanzou a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, tras participar onte en Madrid na reunión do xurado nacional encargado de conceder uns distintivos cos que a Asociación de educación ambiental e do consumidor (Adeac) recoñece anualmente a areais de todo o mundo seleccionados en base a unha serie de criterios de sustentabilidade, accesibilidade e servizos, entre outros.
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, reuniuse co director artístico da Fira Mediterrània de Manresa, Jordi Fosas, co obxectivo de abrir novas vías de colaboración co mercado catalán e incrementar as sinerxías creadas entre os sectores culturais de Galicia e Cataluña coa Fira como evento estratéxico de relevancia para avanzar na proxección exterior da música e a danza de Galicia.
A Deputación de Pontevedra mantén aberto o prazo para solicitar actuacións ao abeiro do novo programa “Culturea”, cuxo principal obxectivo consiste en espallar e manter viva a cultura popular e as tradicións en todo o territorio da provincia. O programa, dotado cun millón de euros, un 20% máis que o destinado no 2023, pon a disposición de asociacións de veciños e comisións de festas un catálogo que reúne máis de 1.300 profesionais da cultura
A Deputación de Pontevedra está a avanzar na creación de +Renovables, a oficina de transformación comunitaria para apoiar ás comunidades enerxéticas da provincia. Instalarase, de xeito piloto ata o 30 de setembro de 2025, no Viveiro de Empresas da Deputación en Barro e conta cun orzamento de preto de 750.000 € dos que a Unión Europea achega 500.000 € a través dos fondos NextGenerationEU.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está a iniciar a redacción do proxecto do novo treito da autovía Tui-A Guarda, entre o enlace de Areas e a estrada autonómica PO-350. Así llelo explicou hoxe o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, aos empresarios do polígono industrial de Areas-Tui, atendendo á súa petición de reunión para abordar a continuidade desta vía de altas prestacións.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.