Xoves, 18 Setembro de 2025

É Noticia

A Deputación e Next Educación ofrecen o curso Territorio Rural Intelixente

A Deputación de Pontevedra, xunto co Centro de Estudos Superiores Next Educación, pon en marcha o curso Diplomado Especialista en Territorio Rural Intelixente, produto dos estudos, foros, conferencia e documentais impulsados pola Cátedra de Despoboamento deste centro educativo.

O Museo realiza actividades sobre a exposición ‘Sombras atlánticas’

O Museo de Pontevedra organiza actividades paralelas á exposición ‘Sombras atlánticas. Retratos da arte galega’, a mostra fotográfica de Anxo Cabada que se inaugurou o venres pasado.

SmartPeme arranca esta semana con seis novos obradoiros

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana catro novas formacións impartidas de xeito online, enmarcadas na súa carteira de obradoiros.

A Deputación celebrará o Día das Escritoras cun encontro literario

A sede da Deputación en Vigo celebrará o vindeiro venres, 11 de novembro, o Día das Escritoras cun encontro literario das mulleres asinantes do “Manifesto de Soutomaior”.

A Deputación continúa coa aposta pola dixitalización do comercio de proximidade

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar hoxe os expedientes de contratación para adxudicar dúas novas subministracións de accións para os proxectos “Da túa man” e “Commerce Inside”.

SmartPeme ofrece hoxe un obradoiro sobre os infoprodutos

A Deputación de Pontevedra, a través do seu programa SmartPeme, oferta unha nova acción formativa impartida de xeito online, enmarcada na súa carteira de obradoiros.

A Deputación realizará a vixilancia, inspección e control dos residuos en doce concellos da provincia grazas ao corpo provincial do Revitaliza

A Deputación de Pontevedra vai encargarse da vixilancia e inspección do lixo en establecementos, entidades ou empresas xeradoras de residuos en doce concellos da provincia grazas ao corpo provincial do Revitaliza: Barro, Meis, Silleda, a mancomunidade do Morrazo (Bueu, Moaña e Cangas), A Guarda, O Rosal, Tomiño, Salceda de Caselas, A Cañiza e As Neves.

O Museo de Pontevedra acollerá o XI Encontro de Conservación e Restauración

O Museo de Pontevedra acollerá o 24 e 25 de novembro o XI Encontro de Conservación e Restauración, un evento consolidado como un referente a nivel estatal no seu ámbito. A edición deste ano pon o foco na conservación preventiva, co lema ‘Deseño e xestión das salas de reserva. Onde comeza a conservación’.

Aprobado o Plan Concellos 2023 da Deputación con cifras históricas

O Plan Concellos 2023 máis elevado da historia, dotado con 44 millóns para o financiamento regrado dos 59 municipios da provincia de menos de 50.000 habitantes, xa é unha realidade.

O proxecto ‘O Museo en Camiño’ ten a súa exposición no Museo

Desde hoxe e ata o 27 de novembro, o primeiro andar do Edificio Castelao do Museo de Pontevedra acolle unha exposición didáctica que resume o traballo desenvolvido nos últimos dous meses no proxecto ‘O Museo en Camiño, volta á ruta’.

O Museo de Pontevedra celebra o Día de Defuntos cunha lectura libre

O Museo de Pontevedra celebra este ano un Día de Defuntos moi especial, con Quico Cadaval e Celso Fernández Sanmartín lendo de maneira libre Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete.

Os Policías Locais da provincia, preocupados pola defensa do espazo público

A Deputación de Pontevedra deu un novo paso para potenciar o modelo de cidades no que as persoas e non os coches son os protagonistas. E fíxoo co seminario #PoliÁgora, unha iniciativa formativa que puxo en relevo a importancia dos axentes municipais como garantes da nova dimensión que debe ter o espazo público “como espazo de estancia e non só de circulación” dos vehículos a motor.