Xoves, 18 Setembro de 2025

É Noticia

A Deputación doou no 2022 máis de 700 plantas ornamentais de Areeiro

A Deputación de Pontevedra fixo un total de 754 doazóns de plantas ornamentais da Estación Fitopatolóxica de Areeiro para que concellos, centros educativos, entidades, institucións e particulares puidesen enriquecer ao longo deste 2022 os xardíns abertos ao público na provincia.

A Deputación lanza a nova edición de Musigal 2023

O Goberno da Deputación vén de aprobar as bases do programa Musigal 2023, a iniciativa provincial que apoia a programación artística dos concellos de menos de 50.000 habitantes ao longo do ano.

“Voando nas Rías Baixas” pecha unha nova edición con case 200 persoas

A Deputación de Pontevedra revalida, un ano máis, o éxito do programa de rutas ornitolóxicas “Voando nas Rías Baixas” tras finalizar a súa quinta edición.

O 061 de Galicia reforza o persoal ante o incremento de demanda sanitaria no Nadal

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 reforza, un ano máis, o seu persoal da Central de Coordinación para garantir que a asistencia sanitaria ás urxencias e ás emerxencias que se produzan na Comunidade Autónoma galega sexa axeitada durante as datas de Nadal.

A Xunta conxela as peaxes mentres o Goberno de España sube un 4% a AP-9 e a AP-53

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, salienta que mentres a Xunta conxela as peaxes, o Goberno de España imporá aos galegos unha nova suba do 4% nas autoestradas estatais AP-9 e AP-53.

O Revitaliza chega con éxito á reserva da biosfera de Illa do Príncipe

O Revitaliza, o modelo de xestión de residuos da Deputación de Pontevedra baseado no tratamento en kilómetro cero dos biorresiduos, está a despregarse con éxito na Illa do Príncipe, un territorio de 142 quilómetros cadrados e preto de 10.000 habitantes declarado Reserva da Biosfera pola Unesco.

Máis de 750 persoas de 45 concellos beneficiáronse do servizo de teleasistencia domiciliaria da Deputación

O Servizo de Teleasistencia Domiciliaria, que a Deputación de Pontevedra presta na actualidade en 45 concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia cos que existe convenio, atendeu este 2022 a un total de 766 persoas usuarias, que cualificaron a atención recibida cunha nota de sobresaínte. Este programa, que ofrece resposta inmediata ás situacións de emerxencia no fogar para persoas que viven soas, son de idade avanzada, teñen algún tipo de diversidade funcional ou precisan atención continuada, funciona as 24 horas do día os 365 días do ano.

«Aquí faltan páxinas», inédita colección de podcasts para dar voz e visibilizar os logros de grandes mulleres galegas

Encher a parte silenciada da historia rescatando episodios fundamentais protagonizados por doce mulleres galegas extraordinarias. Este é o principal obxectivo co que nace “Aquí faltan páxinas”, unha pioneira iniciativa que será desenvolvida por vez primeira co formato podcast, que pon en marcha a Deputación xunto a O Cable Inglés para poñer en valor a contribución feminina ao desenvolvemento da humanidade.

«O Apalpador» visitará Tomiño, Tui e Salceda grazas ao programa ‘Nadal en Galego’ da Deputación

O Apalpador, a tradicional figura do Nadal na Galiza, visitará este ano tres concellos da comarca do Baixo Miño man da Deputación de Pontevedra grazas á octava edición do programa ‘Nadal en Galego’. Onte o personaxe tradicional estivo no centro infantil de Príncipe Felipe e pola tarde visitou o Pazo Provincial, onde foi recibido pola deputada María Ortega, responsable do departamento de Lingua, e desexou boas festas a toda a provincia.

A Xunta adopta medidas para facilitar a chegada de internet ao rural

O Diario Oficial de Galicia publicou onte unha resolución para facilitar a interpretación que se debe facer da lei do Solo de Galicia e a lei xeral de Telecomunicacións, respecto dos despregamentos das redes de telecomunicacións en núcleos rurais.

Deputación e ESADg lanzan a III edición do certame Microteatro da Memoria

O departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra e a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESADg) veñen de lanzar a terceira edición do Certame de Microteatro da Memoria.

SmartPeme pecha o ano con cinco obradoiros esta semana

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta as cinco últimas formacións do ano, antes do lapso de Nadal. Estas formacións, enmarcadas na carteira de obradoiros, estarán impartidas de xeito online.