Xoves, 18 Setembro de 2025

É Noticia

O AECT Rio Minho contribuirá a crear un novo programa europeo

O AECT Rio Minho contribuirá a crear un novo programa europeo que repartirá fondos para mellorar a gobernanza transfronteiriza e buscará dispoñer dun instrumento de cogobernanza propio do territorio miñoto con competencias reais e poder de decisión para desenvolver políticas e actuacións que melloren a vida da veciñanza da raia.

O Museo de Pontevedra, “unha auténtica xoia”

Os distintivos ‘Q’ de calidade e o ‘S’ de sustentabilidade turística acadados polo Museo de Pontevedra xa están en Pontevedra e foron o centro dunha celebración conxunta que compartiron representantes da propia institución, da Deputación, do Concello capitalino e da cidadanía.

Éxito total da Deputación en Fitur

A participación da Deputación en Fitur foi, en palabras da presidenta Carmela Silva, “un éxito total e absoluto”. Contou coa participación de medio millar de persoas no stand de Turespaña, que abarrotaron o auditorio para coñecer, de primeira man, “Orixe Rías Baixas”.

Novas prazas da Deputación para as visitas ás camelias en Soutomaior

Coincidindo coa súa etapa de floración, volven as visitas ás camelias do Castelo de Soutomaior. A partir do 2 de febreiro e ata o 30 de marzo celebraranse as dúas modalidades destas visitas, guiadas e teatralizadas, polo Xardín de Excelencia Internacional do complexo, cun total de 900 prazas dispoñibles.

SmartPeme comeza a semana cun obradoiro de ciberseguridade

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana sete novas accións formativas mixtas impartidas de xeito online e presencial, enmarcadas na súa carteira de obradoiros.

A Xunta fai un chamamento a poñer a dose de reforzo da Covid

A Consellería de Sanidade amplía os horarios nos puntos de vacinación para cidadáns que aínda non teñan posta a cuarta dose da vacina fronte ao coronavirus. Así, desde hoxe sábado, 21 de xaneiro, todas as áreas ampliarán os días nos que se poderá acudir a poñer a vacina, incluíndo sempre a xornada do sábado.

O Museo de Pontevedra recolle en Madrid as distincións que o acreditan coa Q de calidade e a S de sustentabilidade

O Museo de Pontevedra, da man da presidenta Carmela Silva, o vicepresidente César Mosquera e o director Xosé Manuel Rey, recolleu na noite de onte na Galería de Cristal do Palacio de Cibeles en Madrid as distincións concedidas polo Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE) pola súa calidade e sustentabilidade

FITUR degusta o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño

O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño desembarcou este mércores en FITUR cun obxectivo claro: que as e os visitantes degustaran e saborearan cada recuncho do territorio.

A Xunta pon en marcha a rede galega de parques sen fume

A Xunta de Galicia pon en marcha a Rede galega de parques sen fume coa incorporación dos primeiros 18 concellos. Así o destacou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, no concello da Estrada, “que está comprometido con esta causa”.

O Museo celebrará os seus primeiros premios ‘Q’ de calidade e ‘S’ de sustentabilidade

O Museo de Pontevedra quere celebrar que é a primeira entidade museística de todo o estado en recibir de maneira conxunta os Premios ‘Q’ de calidade e o ‘S’ de sustentabilidade concedidos polo Instituto de Calidade Turística de España (ICTE).

A xornada Conecta + chega ao Pazo Provincial da Deputación

O Pazo provincial da Deputación de Pontevedra converterase este sábado, 21 de xaneiro, no punto de encontro do audiovisual galego grazas á xornada Conecta +, que desenvolven conxuntamente a institución provincial e a Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización (CREA).

A Deputación reúne a 35 concellos para asinar a ‘Declaración de Pontevedra’

A Deputación de Pontevedra, a Irmandade Xurídica Galega e a Xunta de Galicia, xunto a 35 pequenos concellos da provincia, asinaron a ‘Declaración de Pontevedra’, un manifesto no que se comprometeron a fomentar o uso do galego nas relacións entre as corporacións locais e a xustiza.