“Queremos seguir avanzando na creación dunha rede única que vinculará aos diferentes servizos de Oncoloxía Radioterápica de Galicia, o que, sen dúbida, redundará en beneficio de todos os pacientes galegos”. Así o destacou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, no Hospital Meixoeiro, nunha Xornada de transferencia de coñecemento interno.
Alcaldes de trece concellos do sur da provincia de Pontevedra, afectados polas inundacións sufridas o pasado Nadal e Aninovo, urxen á Xunta de Galicia que declare o territorio como Zona de Emerxencia de Protección Civil e estableza medidas de apoio económico para asumir a rehabilitación dos municipios.
A Deputación de Pontevedra vén de mobilizar novos recursos por 6 millóns de euros para “garantir proxectos e servizos tanto aos concellos como ás asociacións da provincia”, como destacou hoxe a presidenta Carmela Silva, en materia de cooperación, infraestruturas, igualdade, cultura, transformación dixital e apoio ao sector primario.
O AECT Rio Minho asinou oficialmente en Lisboa a súa integración na Rede Ibérica de Entidades de Cooperación Transfronteiriza (REDCOT) creada polos gobernos de España e Portugal co obxectivo de articular e fortalecer a cooperación de entidades dun e outro lado da fronteira hispano-lusa.
Desde este xoves 2 de febreiro e ata o 30 de marzo a Deputación retoma as visitas ás camelias do Xardín de Excelencia do Castelo de Soutomaior, coincidindo coa súa etapa de floración.
O programa Tecnolóxicas, iniciativa impulsada pola Deputación de Pontevedra e ASIME, chegará a toda a provincia de Pontevedra a través da “Tecnolóxicas Week” para fomentar as vocacións técnicas na xente nova.
A sede de Vigo da Deputación acolleu o peche da V Aceleradora de Empresas do Sector Turístico da institución na que o 90% dos proxectos participantes foron liderados por mulleres.
A Deputación abrirá este martes, 31 de xaneiro, o prazo para participar no programa DepoAventura A Lanzada, que se espallará entre o 25 de xuño e o 9 de setembro nas instalacións que a institución provincial ten no Grove.
A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana cinco novas accións formativas, enmarcadas na súa carteira de obradoiros para asesoramento tecnolóxico a persoas emprendedoras e pemes.
Máximas facilidades da Deputación co obxectivo de que tódalas obras do plan ReacPon (Reacciona Pontevedra) para financiar grandes equipamentos e dotacións municipais cheguen a bo porto.
A Deputación de Pontevedra e Turismo Rías Baixas consolídanse como referente internacional en materia de sostibilidade. O Pazo provincial acolleu a xornada “Greentour: Economía Circular e Turismo Sostible en Destinos do espazo SUDOE”.
Estudos de arquitectura de talla mundial, tanto consagrados e con premios internacionais como emerxentes, aspiran a realizar a rehabilitación do convento de Santa Clara para o seu uso dentro do Museo de Pontevedra.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.