16 C
Pontevedra
Venres, 24 de Marzo de 2023
Máis
    HomeÉ NoticiaA provincia de Pontevedra, referente internacional na "transición verde" no sector turístico

    A provincia de Pontevedra, referente internacional na “transición verde” no sector turístico

    A Deputación de Pontevedra e Turismo Rías Baixas consolídanse como referente internacional en materia de sostibilidade. O Pazo provincial acolleu a xornada “Greentour: Economía Circular e Turismo Sostible en Destinos do espazo SUDOE”, un encontro no que autoridades, entidades e persoal técnico de diversas zonas turísticas de Europa avaliaron os resultados destes dous anos de implantación da iniciativa comunitaria, que ten por obxectivo reducir a pegada ambiental da actividade turística sobre o territorio e implantar sistemas de xestión máis eficientes.

    A deputada de Turismo, Ana Laura Iglesias, deu a benvida as persoas participantes nun ateigado Salón de Plenos e aproveitou para reafirmar o compromiso da institución coa “transición verde” na que está inmersa o sector. Tamén agradeceu a implicación do Clúster de Turismo de Galicia e o asesoramento técnico de Energy Lab para o desenvolvemento do proxecto. A deputada enxalzou o papel central que xogan as administracións locais na implantación de boas prácticas no sector por ser “as máis próximas e as que mellor coñecen o territorio ao que chegan as persoas visitantes”. Nestes dous anos de implantación na provincia, a Deputación conseguiu que un total de 47 establecementos se inscribisen na iniciativa e accedesen ao seus sistema de avaliación ambiental: 15 aloxamentos, seis apartamentos, tres campings, dous hostais, sete establecementos de turismo rural, catro restaurantes e 10 entidades destinadas ao ocio turístico.

    A institución provincial apostou pola implantación de Greentour co fin de mellorar a eficiencia do sector turístico, un compromiso explicitamente recoñecido no propio Plan Estratéxico de Turismo Rías Baixas 2021-2023 actualmente en vigor. Tamén reforzou nos últimos tempos as accións que avanzan nesta liña: difusión do proxecto Greentour en todo o territorio; publicación de manuais de boas prácticas para establecementos, axencias de viaxes, oficinas e guías turísticas; obtención da “S” de sostibilidade do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE) para o Museo de Pontevedra; e a creación dos Premios á Sostibilidade Turística que se entregarán na Gala Anual de Turismo e que pretenden incentivar a aplicación de modelos de xestión máis sostibles nas empresas turísticas.

    Na xornada compartíronse as experiencias  piloto dos destinos de Lloret del Mar, Rías Baixas-Pontevedra Provincia, Camiño Lebaniego (Cantabria) e Guimãraes, cuxas delegacións coincidiron na relevancia de desestacionalización, o necesario reforzo da oferta cultural e de patrimonio, o crecemento do turismo familiar e o mercado potencial que teñen por diante os destinos que están apostando polo turismo cinematográfico, como é o caso de Lloret e de Rías Baixas a través da Pontevedra Provincia Film Commission que vimos de presentar en Fitur.

    Unha xestión máis eficiente e respectuosa co planeta

    O obxectivo xeral de Greentour é avanzar cara un novo modelo ambiental, económico e social nos destinos turísticos e, ao mesmo tempo, informar ás persoas consumidoras para que se comprometan coa contorna na que se desenvolve a actividade turística. O proxecto anima aos destinos adheridos a elaborar novos produtos de turismo sostible e economía circular para salvagardar o patrimonio do SUDOE para xeracións futuras. Aborda accións de innovación entre as que figura o deseño de novas metodoloxías e accións para promover a economía circular no sector, o impulso á innovación científica e metodolóxica con ecoetiquetado e promover a cooperación interrexional no ámbito SUDOE entre institucións e persoas. En concreto, Greentour permite ás empresas de sector hoteleiro, restauración, ocio e transporte unirse á súa Rede de Turismo Sostible, avaliar a súa pegada de carbono grazas ao emprego de catro ferramentas ambientais distintas e facer a solicitude do ecoetiquetado en liña.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS