12.1 C
Pontevedra
Mércores, 22 de Marzo de 2023
Máis
    HomeÉ NoticiaSmartPeme ofrece esta semana cinco novos obradoiros

    SmartPeme ofrece esta semana cinco novos obradoiros

    A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana cinco novas accións formativas, enmarcadas na súa carteira de obradoiros para asesoramento tecnolóxico a persoas emprendedoras e pemes. As accións tratarán temas como a ciberseguridade, o Blockchain e metaverso, os selos e certificacións en sostibilidade turística ou a captación de clientes a través de estratexias de comunicación e visibilidade.

    O primeiro curso da semana será hoxe luns 30, ás 10.00 horas, e estará impartido de xeito telemático por Manuel Freire, experto universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D, “Ciberseguridade, antivirus e actualización do software”. O obxectivo do curso é dar a coñecer dous das contramedidas básicas a realizar, a necesidade de ter o software actualizado para corrixir vulnerabilidades e a utilización e elección dun antivirus.

    O martes celebraranse dous cursos. Na mañá (11 h), Sonia Torres, técnica de Empresas e Actividades Turísticas, conducirá tamén de xeito telemático “Sustentabilidade turística: selos e certificacións”. A acción amosará como os sistemas de xestión da sostibilidade para empresas e destinos turísticos, son unha axuda para orientar ás entidades para establecer criterios de xestión sostible e unha ferramenta para acreditar o seu compromiso. A adhesión e o traballo nestes sistemas adoita reflectirse na obtención de certificacións ou selos que avalan o esforzo realizado nesta materia, para a diferenciación e poder comunicar o seu recoñecemento a persoas visitantes e axentes implicados

    Pola tarde, ás 17 horas, Laura Carrera, graduada en Publicidade e Relacións Públicas e cunha ampla experiencia na asesoría de empresas no ámbito da comunicación e o marketing dixital, impartirá de forma telemática o curso “Deseña a túa páxina web de maneira sinxela con Elementor”, e afondará neste construtor gratuíto de páxina de WordPress, na súa instalación, configuración e o traballo para crear unha páxina web.

    O xoves tamén haberá dobre sesión. En horario de mañá (11 h), de xeito telemático, Manuel Freire guiará a acción “Blockchain, metaverso”, que achegará ás persoas participantes esta tecnoloxía e como grazas a ela estamos ante o que se chama o internet do valor; unha forma de transmitir valor a través da rede. Tamén afondará no tema do Metaverso, incidindo en para que vai servir, o seu estado actual de desenvolvemento e na visita a algún dos metaversos.

    Pola tarde, ás 17.30 h, Isabel Rodríguez, consultora e coach empresarial ofrecerá a acción, “Captación de clientes a través de estratexias de comunicación e visibilidade” de xeito presencial na sede da Deputación en Vigo. Amosará o papel da comunicación como base de toda estratexia, e a comunicación efectiva a metodoloxía que logra de forma eficiente cerrar ventas, facendo rendibles os obxectivos de visibilidade, captación e fidelización de clientes. Os contidos inclúen nocións sobre atención plena, observación e escoita activa; comunicación asertiva para un entendemento efectivo, as estratexias de visibilidade grazas á mellora da comunicación  e a visibilidade máis alá das redes sociais.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS