Davide Salvado presenta este xoves 18 de maio ás 21:00 h na igrexa do convento de Santa Clara o seu novo proxecto ‘Permita Deus’, concibido coma “un acto de fe no patrimonio’, no marco das actividades programadas polo Museo de Pontevedra no ‘Día dos Museos’.
A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico para pemes e persoas autónomas, oferta esta semana dúas novas accións formativas enmarcadas na súa carteira de obradoiros que se celebrarán de xeito telemático. Centraranse no posicionamento SEO e no deseño de páxinas webs a través de Elementor.
A Estación Fitopatolóxica Areeiro da Deputación vén de lanzar un novo aviso fitosanitario no que alerta da posibilidade de que a presenza do mildio nas viñas aumente nos vindeiros días, despois de constatar un aumento do volume de esporas recollidas, que pasou dos 20 esporanxios/m3 de aire a máis de 100/m3 ou incluso a 200.
Volven os Roteiros Literarios organizados pola Deputación e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) para dar a coñecer as cidades e vilas da provincia da man de autoras e autores galegos, que exercen de guías tomando como base obras literarias propias ou alleas que se ambientan en diversos espazos da súa xeografía.
A sede de Vigo da Deputación vén de acoller unha xornada con motivo da terceira edición do programa de Desenvolvemento de Solucións Innovadoras promovido no marco de SmartPeme.
A contorna da Carballeira de San Xusto, lugar de encontro e referente de lendas e contos no concello de Cerdedo-Cotobade, será este domingo 14 de maio escenario da nova ruta do programa da Deputación de Pontevedra “Bosques Terapéuticos”.
As rehabilitacións dos edificios centrais e do convento de Santa Clara estarán listas en 2027, xusto a tempo para a celebración do centenario do Museo de Pontevedra. Así o confirmou o vicepresidente César Mosquera, quen deu conta dos avances das reformas de ambas construcións, que ao seu entender suporán unha “revolución absoluta” e un “cambio radical” na institución.
A Deputación de Pontevedra abre este luns 8 de maio, o prazo de inscrición para a cuarta das rutas ornitolóxicas programadas dentro da sexta edición da iniciativa “Voando nas Rías Baixas”, organizada pola institución en colaboración con SEO Bridlife.
As accións tratarán temas como o malware, impresoras de filamento, as novas obrigacións para o rexistro de persoas viaxeiras ou debuxo en 3D con Onshape II – PartStudio II.
A Deputación de Pontevedra vai celebrar as Letras Galegas deste ano dedicadas a Francisco Fernández del Riego con charlas, espectáculos de teatro e cociña, contadas, publicacións, obradoiros e exposicións que se desenvolverán durante todo o que queda de 2023.
O primeiro cuadrimestre deste 2023 está volvendo amosar unha enorme concienciación cidadá na adopción de animais e, deste xeito o Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra logrou dar saída a un total de 227 cans e cadelas .
A Estación Fitopatolóxica Areeiro da Deputación vén de lanzar un novo aviso fitosanitario no que mantén as súas recomendacións para a vixilancia das viñas ante as condicións climatolóxicas previstas a curto prazo, cun tempo inestable e temperaturas nocturnas elevadas, pola potencial aparición de novos síntomas de mildio.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.