Sábado, 10 Maio de 2025

É Noticia

A Deputación destina preto de 2,4 millóns de euros á segunda convocatoria do programa ‘Labora 2020’

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar o expediente de contratación para adxudicación do servizo de formación para a segunda convocatoria da iniciativa formativa 'Labora 2020', proxecto cofinanciado polo Fondo Social Europeo. Así o presentou a presidenta do ente provincial, Carmela Silva, que explicou que “o emprego segue a ser unha das grandes preocupacións das administracións públicas".

A Deputación aproba máis de 1,7 millóns de euros para oito concellos da provincia

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar en Xunta de Goberno recursos por un valor de 1.732.472,88 euros en asistencia a 8 municipios da provincia ao abeiro do Plan Concellos. Os beneficiarios das achegas son Vilagarcía de Arousa, Soutomaior, Cambados, Agolada, Cangas, Meis, As Neves e Salvaterra de Miño.

A Deputación aposta polo turismo cun ambicioso Plan de Reactivación dotado con máis de 3,5 millóns de euros

Como “eixo central da actuación da Deputación de Pontevedra” situou a presidenta da Deputación de Pontevedra ao turismo, ao que considerou “un sector fundamental para a provincia” e para o que institución provincial elaborou un Plan de Reactivación dotado con máis de 3,5 millóns de euros. “Falamos dun plan que dá respostas ás necesidades do sector turístico da provincia ante a importancia de sumar esforzos entre o tecido empresarial e as distintas administracións”, asegurou Carmela Silva.

‘Fame de experiencias’, premiado no US International Film&Video Festival de Los Ángeles

O vídeo de promoción da campaña 'Fame de experiencias' da Deputación de Pontevedra acada o seu sexto galardón a nivel internacional. Nesta ocasión trátase do Certificate Creative Excellence 2020 do US International Film & Video Festival de Los Ángeles na categoría de 'Produtos turísticos'. Nesta ocasión, o audiovisual producido pola empresa Esmerarte comparte o recoñecemento con outros seis traballos procedentes de Austria, Dinamarca, Serbia, Viena, Eslovenia e cun de España.

A Deputación potencia o servizo das brigadas para o mantemento e conservación das estradas provinciais

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe o novo proxecto para potenciar o traballo das brigadas que atenden o mantemento, limpeza, desbroces e conservación da rede de estradas provinciais, de case 1.700 quilómetros. Trátase de ampliar o servizo e mellorar as prestacións para garantir a seguridade viaria, en consonancia co modelo de mobilidade da institución e tendo en conta as novas esixencias e necesidades do mantemento.

A Deputación premia o respecto polo produto e a innovación nas imaxes gañadoras do concurso ‘Comemos polos ollos’

A Deputación de Pontevedra pecha o concurso fotográfico Comemos polos Ollos, destinado a promocionar a excelente gastronomía das Rías Baixas, coa selección das sete mellores imaxes de...

Os premios ‘Demo Day’ de ‘DepoEmprende na FP’ exhiben na Deputación “todo o talento e a creatividade que hai na provincia”

O talento emprendedor da xente máis nova exhibiu hoxe o seu grande músculo no Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra no acto de entrega dos Premios Demo Day aos proxectos gañadores da nova edición de 'DepoEmprende na FP', un “acto cheo de talento e creatividade” tal e como subliñou a Carmela Silva, a pesar de que entrega tivo que adaptarse aos tempos da Covid19 coas medidas de protección e distanciamento axeitadas.

Benítez propón unha ‘Tartexa Cidadá Transfronteiriza’ para evitar a repetición dos problemas do peche da fronteira con Portugal

O AECT Rio Minho, a través do seu director Uxío Benítez, propuxo hoxe a posta en marcha dunha ‘tarxeta cidadá transfronteiriza’ que facilite a vida da cidadanía de ambos lados do Miño e evite que se repitan, entre outros, os problemas de mobilidade derivados do peche da fronteira con Portugal pola crise da COVID-19 para as persoas traballadoras.

‘María Soliña’ preséntase en Cangas que, xunto con Redondela, serán os primeiros escenario galegos para a súa estrea

A esperada película de Ignacio Vilar ‘María Solinha’ percorrerá máis de 100 concellos galegos entre os meses de xuño e outubro deste ano e transgredirá as fronteiras autonómicas con representacións en Castela e León e Portugal. Así se puxo de manifesto na presentación que tivo lugar este venres no Auditorio de Cangas, vila que, xunto a Redondela, acollerá a estrea da longametraxe sobre a viúva acusada de meiga e símbolo da loita contra a represión das mulleres.

A Deputación participa no plenario da Rede de Destinos Turísticos Intelixentes coa presenza do rei Felipe VI

A presenza do Rei Felipe VI no Plenario da Rede de Destinos Turísticos Intelixentes, da que forma parte a Deputación de Pontevedra coa súa presidenta Carmela Silva, supuxo onte o espaldarazo á propia RDTI “como un proxecto innovador” e a declaración de apoio e respaldo ao sector “dunha importancia crucial para este país polo seu peso económico e no emprego, a importancia social e o que supón de achegamento a outros pobos e culturas, sector co que agora enfrontamos o reto da recuperación”.

A protesta dos alcaldes e alcaldesas da ‘raia’ consegue a apertura de tres novos pasos na fronteira do Miño

O AECT Rio Minho considerou hoxe “unha grande vitoria do territorio” a decisión dos gobernos españois e portugués de abrir tres novos pasos para traballadores e traballadoras transfronteirizos en Tomiño, Salvaterra e Arbo. Segundo destacou o director da agrupación europea, Uxío Benítez, esta decisión é resultado da presión pública e social liderada polo AECT e os concellos miñotos dun e doutro lado da fronteira.

Chega a edición “máis necesaria e urxente” de ‘Mulleres que opinan’ que este ano será on line para adaptarse a crise sanitaria

“Agora era o momento de non renunciar a facer este encontro, é necesario e urxente que o fagamos”. Con esta declaración de intencións, da xornalista pontevedresa Susana Pedreira, presentouse na Deputación de Pontevedra a edición on line e 'exprés' de 'Mulleres que Opinan', adaptada ao formato telemático polas circunstancias da crise sanitaria.