Os conselleiros de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e do Medio Rural, José González, reuníronse esta mañá por videoconferencia cos presidentes e xerentes dos consellos reguladores vitivinícolas de Galicia co obxectivo de explicarlles o funcionamento do préstamo vendima que aprobou onte o Consello da Xunta e que permitirá mobilizar ata 60 millóns de euros.
A xornada das eleccións autonómicas do 12X péchase sen sorpresas para deixar un parlamento tricolor. O PP reafirma a súa maioría absoluta quedando nos 41 escanos que xa tiña; o BNG, auténtico protagonista da xornada, sube 13 escanos para situarse nos 19, catro por enriba dun PSOE case que estancado que sube ata os 15 postos (1 máis dos que xa tiña) nun resultado agridoce, pode que máis 'agri' que doce.
Saír, respirar e vivir plenamente a cultura, a natureza e o deporte. Despois da Covid e do confinamento, a Deputación de Pontevedra invita á cidadanía a desfrutar dunha intensísima programación de máis dun centenar de actividades culturais, sustentables e deportivas coas que enche a provincia este verán. A presidenta Carmela Silva presentou hoxe o calendario para xullo, agosto e setembro nos que a institución levará ao territorio concertos, obradoiros, rutas BTT, andainas e actividades integradas nos programas culturais Música no Ar, Re-Acción nos Castelos, Musigal e no programa Vive Deporte.
A reivindicación foi unánime. A regulación do teletraballo ten que realizarse con perspectiva de xénero para impedir que esta nova ferramenta tecnolóxica, que todo apunta que chegou para quedarse, poida converterse nun elemento de involución para as conquistas laborais, sociais e persoais das mulleres.
A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de lanzar un novo aviso fitosanitario no que reporta unha situación bastante tranquila do mildio nas viñas, debido ás condicións ambientais maioritarias destes días, con ventos secos do norte ou do nordés, unha humidade relativa non elevada e sen humidade foliar.
Con “tres letras que impactan”, co obxectivo de reactivar o turismo nacional e de proximidade, apoiar ao sector “que está a facer un enorme esforzo e compromiso co territorio”, e escollendo o minimalismo, a simplicidade, a forza e a apelación directa ás persoas, a Deputación de Pontevedra lanza “Ven”, a nova campaña que foi presentada hoxe pola presidenta provincial Carmela Silva, acompañada pola cantante Najla Shami, “a voz e o rostro que conduce un audiovisual que toca as emocións”.
Pasadas dúas semanas do remate do curso escolar, este foi definido pola Confederación de ANPAS Galegas como "o curso escolar máis sorprendente da nosa historia recente", sorprendente afirman, por ter vivido máis dun terzo da súa duración baixo o estado de alarma "pero sorprendente sobre todo porque vivimos a desaparición real dunha administración educativa que debera ter asistido permanentemente a familias e alumnado".
'Axudas públicas á reactivación' é o título da charla en formato webinar que, organizada pola Deputación de Pontevedra, terá lugar este luns 6 de xullo ás 10.00 horas. O evento, que se desenvolverá a través da ferramenta Zoom, terá como poñente a Fernando Picón experto en xestión empresarial, innovación, dixitalización e internacionalización.
A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta vindeira semana sete novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións, con 10 prazas cada unha, versan sobre xestión de redes sociais, ferramentas para a mellora da web, ciberseguridade, copywritting, ferramentas para empresas turísticas, promoción das empresas ou técnicas de marketing.
“Democratizar a cultura, espallala por todos os recunchos da provincia e, tamén, devolver á xente que a fai posible o refuxio seguro que nos ofreceron a todas e a todos durante os momentos máis duros da pandemia”. Con esta declaración, a presidenta Carmela Silva, presentou hoxe 'Re-Acción Cultural', a ambiciosa programación que desde este mes de xullo e ata decembro “levará a todos os recunchos da provincia ducias e ducias de actividades de todos os eidos culturais para recuperar os eventos en vivo”.
A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de lanzar un novo aviso fitosanitario no que reporta unha situación bastante tranquila do mildio nas parecelas fixas e nas aleatorias. Porén, nas plantas testemuña e nas abandonadas a enfermidade continúa avanzando, aparecendo síntomas novos, secando gromos e proseguindo a defoliación das plantas
Os esperados baños de bosque xa están máis cerca. A Deputación de Pontevedra abrirá este mércores, 1 de xullo, o prazo de inscrición para que as persoas que o desexen poidan anotarse no novo programa da institución 'Bosques terapéuticos', unha iniciativa turística e sostible, que conxuga 30 visitas guiadas a cinco parques forestais da provincia coa interpretación dos elementos patrimoniais que albergan.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.