A Deputación iniciou este luns os tres cursos de español dirixidos a persoas inmigrantes deste 2020, que se desenvolven en Pontevedra e Vigo. Esta actividade formativa, que este ano chega a súa cuarta edición, vai encamiñada a que os e as participantes poidan superar posteriormente o exame DELE A2 expedido polo Instituto Cervantes, unha proba que é requisito indispensable para que poidan solicitar a nacionalidade española.
Con Vive Deporte, a programación coa que a Deputación de Pontevedra pon en valor as actividades deportivas sustentables, as persoas amantes da natureza teñen a oportunidade de realizar unha nova actividades de orientación, tras o éxito de participación deste pasado domingo no Monte Galiñeiro.
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de dar luz verde a recursos enmarcados no Plan Concellos 2020 por un valor de preto de 310.000 euros. En concreto, as achegas irán destinadas ás vilas da Cañiza e Mos.
A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta a segunda semana de setembro cinco novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións, con 10 prazas cada unha, versan sobre xestión de redes sociais, ferramentas para a mellora da web, ciberseguridade, copywritting, ferramentas para empresas turísticas, promoción das empresas ou técnicas de marketing.
“A pesar da covid, os datos téñennos que animar”, destacou Carmela Silva ao confirmar que a provincia de Pontevedra, cunha ocupación media en establecementos hoteleiros do 54,4 %, mantén o seu liderado en Galicia. “Sendo moi consciente da situación do sector turístico –asegurou a presidenta da Deputación– os datos amosan que o noso destino ten unha enorme fortaleza e que o noso modelo de turismo sustentable é o camiño correcto.
Acompañar aos traballadores e traballadoras do mar durante a faena e coñecer en que consiste o seu labor, que aparellos empregan, que especies capturan, en definitiva, achegarse á súa profesión e á súa relación co noso Atlántico, é o que ofrece o turismo mariñeiro. Unha experiencia para descubrir todo o esforzo que hai detrás dun mexillón, unha ameixa ou un sargo e valorar os recursos que ofrece o océano.
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, quixo hoxe poñer en valor a grande acollida á programación para a reactivación cultural e deportiva na provincia, que xa ten mobilizado este verán a preto de 8.000 persoas. ”Unha cifra –dixo– da que estamos especialmente orgullosas e orgullosos porque sempre hai que ter en conta que nesta situación da Covid-19 tivemos que reducir aforos e tomar todas as garantías sanitarias, o que amosa que a xente está desexosa de cultura e de realizar actividades deportivas ligadas á natureza”.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.082 deles 1.445 son da área da Coruña, 796 da de Lugo, 412 da de Ourense, 279 da de Pontevedra, 327 da área de Vigo, 673 da de Santiago, e 150 da de Ferrol.
Baixo o nome de ‘Vive o Rio Minho’, a Deputación de Pontevedra vai desenvolver sete actividades ecoturísticas no Río Miño transfronteirizo –nos concellos galegos e portugueses que lindan coa vía fluvial- entre o 12 de setembro e o 4 de outubro. O obxectivo, segundo explicou hoxe o deputado de Cooperación Transfronteiriza e director do AECT Rio Minho Uxío Benítez, é ofrecer unha alternativa turística seguindo “o que a sociedade hoxe demanda a raíz da crise da COVID 19, dando a oportunidade de coñecer o territorio dun xeito tranquilo, seguro, e buscando a natureza e todo o que ofrece o río Miño”.
A chegada do mes de setembro non fai que a cultura decaia na provincia, de feito, a primeira semana deste mes chega con seis accións da man da Deputación de Pontevedra. A institución, que segue coa súa forte aposta polas industrias creativas e culturais, ten programados concertos nos concellos de Cangas, Caldas de Reis, Vila de Cruces e Ponteareas, un roteiro literario en Baiona e unha exposición en Lalín.
A webinar sobre o cancro a cargo do profesor de Investigación do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) Xosé Ramón García Bustelo abrirá o día 17 de setembro o primeiro Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos, que a Deputación de Pontevedra organiza en colaboración coa Real Academia Galega de Ciencias.
Os CEIP Marquesa do Pazo da Mercé das Neves e Refoxos de Oia e os CRA (Colexio Rural Agrupado) Raíña Aragonta de Salceda de Caselas e A Lagoa de Salvaterra de Miño, veñen de ser incluídos no Plan de melloras de bibliotecas escolares logo de que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publicase hoxe no Diario Oficial de Galicia a correspondente resolución.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.