Martes, 1 Xullo de 2025

É Noticia

SmartPeme pon en marcha esta semana outros seis obradoiros online na provincia

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana seis novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versan sobre optimización, copywritting na web e redes sociais, marketing, debuxo con Onshape e técnicas para mellorar o posicionamento de empresas turísticas.

O Goberno da Deputación destina máis de 200.000 euros para mellora do campo de fútbol de Pardellas, Ponteareas

A Xunta de Goberno aprobou a transferencia doutros 499.539,07 euros que, nesta ocasión, están destinados a facer realidade proxectos impulsados dende Ponteareas, Bueu, A Estrada e Cambados, fondos pertencentes ao Plan Concellos da Deputación, o maior instrumento para o investimento nos concellos da provincia.

A Deputación súmase ao ‘Día Mundial dos Animais’ que se celebra hoxe domingo, cunha nova campaña centrada no CAAN

Con motivo da celebración este domingo 4 de outubro do Día Mundial dos Animais, a Deputación de Pontevedra lanzou hoxe unha nova campaña de concienciación para fomentar a súa defensa e protección, denunciar o abandono e o maltrato e promover as adopcións. Esta iniciativa on line está centrada nos cans e cadelas do Centro de Acollida e Protección (CAAN) e anima á cidadanía a compartir mensaxes na web institucional e nas redes sociais corporativas en defensa e protección dos animais.

A Deputación supervisará o estado de todas as pontes e pasos elevados na rede de estradas provinciais

O goberno da Deputación vén de aprobar o expediente para a contratación dun servizo de inventario, inspección e avaliación de pontes e obras de paso das estradas provinciais. “Todas e todos –asegurou Carmela Silva– recordamos situacións como a que aconteceu en Italia, coa caída dunha ponte que levantou todas as alarmas. Queremos revisar e avaliar todas as pontes da nosa rede de estradas e ter información veraz para poder actuar”.

Gonzalo Caballero asegura que o PSdeG porá “toda a capacidade para facer as mellores políticas na que ten que ser a lexislatura da protección...

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, presidiu hoxe unha xuntanza da Comisión Executiva Nacional Galega na que comprometeu que o partido porá “toda a capacidade para facer as mellores políticas na que ten que ser a lexislatura da protección das persoas”. “Vivimos nunha crise sanitaria, económica e social de gran envergadura e todos estamos traballando dende as nosas responsabilidades para protexer á xente”, recalcou o líder do PSdeG en declaracións aos medios ao termo da xuntanza.

A ocupación hoteleira da provincia situouse en setembro no 30 %, entre cinco e dez puntos superior ao estimado

Os datos do Observatorio de Turismo da Deputación de Pontevedra situaron á ocupación hoteleira da provincia en setembro nunha porcentaxe do 30 %, o que supón, tal e como informou Carmela Silva esta mañá, entre dez e cinco puntos superiores ao estimado. “Certamente os datos –asegurou a presidenta da Deputación– foron inferiores ao ano pasado, algo obvio porque vivimos nunha pandemia, pero os resultados, volveron a ser os mellores de Galicia para este mes de setembro, e sitúan á provincia de Pontevedra entre os destinos máis atractivos do Estado”.

Música, arquitectura e ecoloxía centran as actividades da Deputación para esta fin de semana

A oferta de actividades sostibles da Deputación non decae neste inicio de outubro. Así, música, arquitectura e coidado do medio ambiente centran a programación provincial nos concellos de Cangas, Vigo, Nigrán e Baiona.

Colexios oficiais, asociacións de consultorías e empresas únense á Deputación para recuperar o espazo público na provincia

A Deputación de Pontevedra presentou onte aos colexios oficiais e organizacións de consultorías e empresas de enxeñería de Galiza o proxecto Ágora, unha rede de colaboración institucional cos concellos da provincia cuxo obxectivo é a recuperación do espazo público para as persoas fronte ao vehículo privado. O deputado de Mobilidade e Espazos Públicos Uxío Benítez, quixo dar a coñecer a iniciativa de primeira man ao persoal técnico, xa que é e será parte fundamental á hora de deseñar os espazos públicos nas obras executadas polos concellos.

A Deputación conmemora este sábado o Día Mundial das persoas ostomizadas iluminando de verde o seu Pazo Provincial

A Deputación de Pontevedra iluminará de verde o Pazo Provincial desde a tarde deste venres 2 de outubro ata a mañá do luns 5, ao abeiro do Día Mundial das persoas ostomizadas que se celebra o sábado. Deste xeito, a institución revalida o seu apoio ao colectivo co que, a través de entidades como ASEII, leva traballando dende xaneiro para dotar de aseos adaptados aos edificios da Deputación.

A Escola de Cantería inicia o curso con estritas medidas de prevención contra a Covid-19 e as obras completamente rematadas

A Escola de Cantería iniciou hoxe o seu 41º curso nun sinxelo acto que estivo presidido pola deputada Noemí Outeda e no que fixo especial fincapé no obrigado cumprimento do protocolo anticovid19 co obxectivo de desenvolver a actividade docente coas máximas garantías de aquí ata o próximo mes de xuño. Un total de 13 alumnos, catro deles novos, tomaron contacto co profesorado e dispuxéronse a comezar a actividade lectiva.

A Xunta destina 120.000 euros en subvecións para promover o talento musical galego a través da producción fonográfica

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria de subvencións da Xunta para promover o talento musical galego no ámbito da produción fonográfica, unha liña de apoio ao sector nacida en 2019 e que este ano se convoca por segunda vez mantendo a súa dotación de 120.000 euros e como medida incluída no Plan de reactivación do sector cultural fronte aos efectos da Covid-19.

O Pazo Provincial da Deputación tínguese de verde polo Día Nacional da Artrite, que se conmemora este xoves

A Deputación de Pontevedra iluminará de verde o seu Pazo Provincial desde a tarde deste xoves 1 de outubro ata a mañá do venres 2 ao abeiro do Día Nacional da Artrite. Deste xeito a institución provincial únese á campaña “Outubro mes da artrite e espondiloartrite” que desde 2009 organiza a Coordinadora Nacional da Artrite da man de entidades de todo o Estado como a Asociación de enfermos de artrite de Pontevedra (ASEARPO).