Martes, 1 Xullo de 2025

É Noticia

Sanidade establece o Nivel 2 en toda Galicia e limita as reunións a un máximo de 5 persoas

A Consellería de Sanidade vén de anunciar o establecemento do nivel 2 de restricións en toda Galicia, onde ademais se limitarán as xuntanzas a grupos dun máximo de 5 persoas. Neste senso, a totalidade do territorio da Comunidade Autónoma fica no nivel 2 de restricións, unha circunstancia que incidirá nos aforos e na ocupación dos espazos dos diferentes ámbitos sociais.

O físico Jorge Mira abordará este xoves a controversia sobre o cambio de hora na nova conferencia do Ciclo Aida Fernández Ríos

A controversia sobre o cambio de hora centra a nova charla do I Ciclo de Conferencias Científicas Aida Fernández Ríos, que se desenvolverá este xoves 22 de outubro ás 19 horas e estará impartida polo catedrático de Electromagnetismo do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela Jorge Mira Pérez.

O novo servizo de SmartPeme para o Terceiro Sector toma impulso coa celebración dunha webinar da directora de change.org en Europa

O novo servizo do programa de asesoramento tecnolóxico SmartPeme da Deputación de Pontevedra dirixido ás entidades do Terceiro Sector toma impulso coa celebración da webinar que ofrecerá este mércores 21 de outubro a directora xerente da Fundación Change.org para Europa, a pontevedresa Irene Milleiro. Esta charla emitirase vía telemática a través de Zoom ás 19 horas e nela, Milleiro falará sobre a importancia da transformación dixital no ámbito do Terceiro Sector.

Carlos Font exprésalle ao director do centro da UNED o compromiso da Deputación coa universidade a distancia

A Deputación de Pontevedra e a Universidade Nacional de Educación a Distancia reiteraron hoxe a súa vontade de “leal cooperación” durante a visita institucional na que o deputado Carlos López Font recibiu ao novo director do centro asociado provincial, Víctor González. “A relación entre a Deputación e a UNED sempre foi magnífica e así queremos que continúe sendo”, destacou o deputado.

A Deputación rinde tributo e homenaxe “ás escritoras invisibilizadas que nos ensinaron o camiño da igualdade na cultura”

Ao abeiro do Día das Escritoras, a Deputación de Pontevedra rendeu esta onte homenaxe e tributo, “case un desagravio”, ás grandes mulleres da literatura...

O Museo organiza a súa ‘semana lorquiana’ con contacontos, unha mesa redonda e unha ruta

O Museo vai desenvolver dende o 20 ata o 24 de outubro a súa unha ‘semana lorquiana’. Trátase das segundas xornadas organizadas arredor do 25 de outubro, denominado ‘Día de García Lorca en Galiza’, e estarán dirixidas tanto a público infantil como adulto, sendo desenvolvidas por Polo Correo do Vento.

A Deputación conmemora este luns o Día Mundial do Cancro de Mama tinguindo de rosa o Pazo Provincial en Pontevedra

A Deputación de Pontevedra iluminará de rosa o seu Pazo Provincial na tarde deste luns ao abeiro da conmemoración do Día Mundial do Cancro de Mama, que se celebra cada 19 de outubro. Deste xeito a institución únese á demanda de ADICAM, a Asociación de Diagnosticad@s de Cancro de Mama e xinecolóxico, para visibilizar ás persoas afectadas pola enfermidade.

Novos obradoiros online da SmartPeme da Deputación para esta semana

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana sete novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versan sobre o negocio en liña, fotografía, debuxo con Onshape, Facebook Ads, Google Analytics, Google Adwords e a marca turística.

Gonzalo Caballero pide estratexias para mobilizar 20.000 millóns de euros para “remontar a cris máis profunda do noso país”

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, mantivo onte unha xuntanza cos dez coordinadores dos grupos de traballo constituídos polos socialistas para “nutrir” a comisión parlamentaria para a reconstrución de Galicia e cifrou en 20.000 millóns de euros as inversións en iniciativas públicas e público-privadas que fan falta, no horizonte 2021-2027, para “remontar a crise máis profunda do noso país”.

A Deputación reúne este luns ao mundo da cultura para celebrar o Día das Escritoras

Unha vintena de recoñecidas autoras, que ao longo da historia contribuíron coas súas obras á igualdade desde a literatura, serán protagonistas na tarde deste luns do acto de celebración da Deputación de Pontevedra na sede de Vigo organizado ao abeiro do Día das Escritoras. O evento consistirá nunha lectura pública de fragmentos das obras destas escritoras por parte de mulleres e homes da cultura da provincia, e se encadra na Alianza Local pola Axenda 2030 que impulsa a Deputación coa celebración dos Días Mundiais relacionados co cumprimento dos ODS.

A Deputación destina máis dun millón de euros a concellos e entidades sociais da provincia

O goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar este venres novos recursos para os concellos e entidades sociais da provincia que ascenden a máis dun millón de euros. En concreto, preto de 616.000 euros irán dirixidos ao concellos da Cañiza, Ponteareas, Salvaterra e Baiona, no marco do Plan Concellos 2020, e máis de 409.000 € a 80 entidades de 16 municipios da provincia para programas sociais dirixidos á poboación de maior vulnerabilidade

Lete destaca a capacidade de adaptación de Federacións como a de Balonmán que ven de presentar a súa máscara oficial

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou onte na presentación da máscara oficial da Federación Galega de Balonmán realizada xunto á empresa galega Amura Sport. O mandatario galego destacou a capacidade de adaptación das federacións deportivas galegas como a de balonmán que “imaxinan solucións intelixentes aos problemas que dispón a pandemia”.