14.6 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaO Museo organiza a súa 'semana lorquiana' con contacontos, unha mesa redonda...

    O Museo organiza a súa ‘semana lorquiana’ con contacontos, unha mesa redonda e unha ruta

    Trátase das segundas xornadas arredor do 25 de outubro, ‘Día de García Lorca en Galiza’, e estarán dirixidas por Polo Correo do Vento

    O Museo vai desenvolver dende o 20 ata o 24 de outubro a súa unha ‘semana lorquiana’. Trátase das segundas xornadas organizadas arredor do 25 de outubro, denominado ‘Día de García Lorca en Galiza’, e estarán dirixidas tanto a público infantil como adulto, sendo desenvolvidas por Polo Correo do Vento.

    Esta segunda edición que afianza esta data no almanaque cultural ampliando e axeitando a oferta lorquiana no Museo de Pontevedra saíu adiante tralo éxito da primeira edición. Neste caso, terase en conta a realidade da situación actual da pandemia provocada pola Covid-19, e as actividades realizaranse tendo en conta as medidas recomendadas para protexer a saúde de todas as persoas participantes (hixiene, menor aforo, actividades ao aire libre, alternativas de presentacións en vídeo…).

    As actividades comezarán o martes 20 con contacontos ilustrados para os colexios de Pontevedra. Nestas sesións de 60 minutos aproximadamente realizarase unha narración dirixida ao público infantil e ao tempo que se desenvolve un debuxo, ambas actividades vencelladas á presenza de Lorca en Galicia e aos fondos do Museo de Pontevedra. Na parte final, a rapazada asistente ilustrará ao poeta granadino nun obradoiro de debuxo.

    Xa para público adulto, celebrarase a mesa redonda ‘Federico García Lorca en Pontevedra. As iniciativas pedagóxicas e a revista Cristal’. Será o xoves 22 ás sete e media da tarde, e proporá unha nova achega da visita de Lorca á cidade de Pontevedra e vinculada á exploración de iniciativas pedagóxicas da época tan ligadas á visita da Barraca como as Misións Pedagóxicas e á revista Cristal.

    Na mesa estará a libreira e escritora Mercedes Corbillón como moderadora e participarán como relatores o historiador e crítico de arte Ramón Rozas, o editor e escritor Henrique Alvarellos e o escritor Xosé María Álvarez Cáccamo. Finalmente, o sábado 24 realizarase un roteiro titulado ‘Lorca e a revista Cristal’, que partirá  á unha da tarde dende a Praza de San Xosé. Consistirá nun roteiro explicativo pola cidade de Pontevedra en relación á publicación da revista ‘Cristal’, que se iniciará na Praza de San Xosé e rematará no Museo de Pontevedra.  O roteiro precisará de inscrición previa en gabinetedidactico.museo@depo.es.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.