Venres, 4 Xullo de 2025

É Noticia

A exposición das ‘Nadaliñas’ de Figueira Valverde arranca a celebración das festas no Museo

Nadais enviados a Filgueira Valverde por parte de persoeiros de diferentes ámbitos da cultura de todo o país, artistas ou intelectuais como Maruja Mallo, Lugrís, Seoane, Colmeiro, Díaz Pardo, Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro, Dalí, ou Mingote, son algúns dos que se poden atopar na mostra ‘Nadais. Colección Filgueira Valverde’ que permanecerá aberta ata o 24 de xaneiro no Museo de Pontevedra.

A Deputación incrementa ata os 8,3 millóns de euros as achegas aos municipios do Val Miñor, Louriña e Redondela

Os concellos da comarca de Vigo recibirán o próximo ano 2021 case 8,3 millóns de euros, (8.288.862€), do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, o que supón un aumento nos seus investimentos que se reflicte en todos os municipios e se traduce na maior transferencia de recursos da historia da institución provincial.

A Deputación achegará máis de 4 millóns de euros aos municipios do Baixo Miño con Plan Concellos 2021

Os concellos do Baixo Miño recibirán o próximo ano 2021 máis de 4 millóns de euros, (4.085.511€), do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, que en toda a provincia ascende ata os 42,5 millóns o que se traduce na maior transferencia de recursos da historia da institución.

A Deputación incrementa a máis de 5 millóns de euros as achegas aos municipios do Condado e A Paradanta co Plan Concellos 2021

Os concellos do Condado e A Paradanta recibirán o próximo ano 2021 máis de 5 millóns de euros, (5.038.235€), do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, un aumento nos seus investimentos que se reflicte en todos os municipios e se traduce na maior transferencia de recursos da historia da institución provincial.

Lete Lasa destaca o traballo do tenis de mesa galego que permite a Galicia ser a única comunidade coas súas ligas en marcha desde...

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na mañá de hoxe na presentación do Campionato Pre-Estatal de Tenis de Mesa que se celebrará en Zas (A Coruña) os vindeiros 5, 6, 7 e 8 de decembro e que estará organizado pola Federación Galega de Tenis de Mesa e onde participarán 164 xogadores das categorías benxamín, alevín, infantil, xuvenil, sénior e veterano, tanto masculinas como femininas.

120 persoas participarán no I Encontro Dixital de Voluntariado da provincia

Cruz Vermella Pontevedra organiza este sábado 5 de decembro o I Encontro Dixital de Voluntariado, que se celebrará a través da plataforma Teams entre as 11.00 e as 13.00 horas e en que participarán 120 persoas de toda a provincia.

O congreso organizado pola Orde do Camiño de Santiago presenta o bosquexo oficial da alfombra do Xacobeo 2021

O Congreso Internacional sobre "Os Roteiros de Peregrinación como impulsoras do Turismo Global", que organiza a Orde do Camiño de Santiago, é o marco escollido para a presentación do Bosquexo da Alfombra Mundial do Xacobeo, do artista de Chinchón Miguel Angel Lagoa Villalobos, que foi elixido entre máis de sesenta bosquexos por Alfombristas de todo o mundo.

Alerta laranxa por episodio adverso costeiro en Galicia

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa da chegada dun fenómeno adverso no mar que deixará ventos fortes e ondas de ata oito metros en todo o litoral de Galicia. Deste xeito, actívase a alerta de nivel laranxa a partir de hoxe, día 3 de decembro.

Ponteareas, Redondela, O Porriño e Tui, entre os 14 concellos galegos incluídos no nivel de máxima restricción pola COVID

Pese á suavización das medidas restritivas anunciada hoxe polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo e que entrarán en vigor ás 00 horas do vindeiro venres, Redondela, Ponteareas, O Porriño e Tui forman parte dos 14 concellos de toda Galicia con máis de 10.000 habitantes que inclúense dentro do 'Nivel de máxima restricción' e que ven dado ao marcar unha incidencia acumulada de casos durante 14 días igual ou maior de 250.

Ás claves para o turismo do futuro: intelixente, sostible, cun sector ‘dixitalizado’ e alianzas público-privadas

A III xornada TurisTIC organizada pola Deputación de Pontevedra, celebrada en formato on line, con recoñecidas e recoñecidos participantes e representación paritaria de mulleres e homes, consolídase como referente no debate sobre a situación actual do sector turístico e a súa recuperación a través do uso das novas tecnoloxías. A xornada, moderada pola xornalista Yolanda Vázquez, foi seguida por máis de 1.100 persoas ao través da canle de Youtube e das redes sociais da Deputación, conseguindo unha media de visualización de ate 57 minutos por persoa.

A Deputación e a Academia de Ciencias pechan este xoves cunha dobre webinar o Ciclo de Conferencias Científicas Aida Fernández Ríos

A dobre charla da catedrática de Bioloxía Concepción Herrero López e da profesora de Investigación Isabel Medina porá fin este xoves 3 de decembro á primeira edición do Ciclo de Conferencias Científicas Aida Fernández Ríos, que a Deputación de Pontevedra ven desenvolvendo coa Real Academia Galega de Ciencias para achegar a ciencia á sociedade.

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue lanza a campaña de promoción da doazón de médula ósea

Cada ano son diagnosticadas 6.400 persoas de leucemia en España. Moitas delas precisarán dun transplante de medula ósea para poder superar a enfermidade. O transplante de proxenitores hematopoéticos (TPH), máis coñecido coma transplante de medula ósea, é a única esperanza para moitos afectados de leucemia e outras enfermidades do sangue.