A Axencia Estatal de Meteoroloxía informa dun fenómeno adverso de nivel laranxa por choiva, que afectará o interior da provincia de Pontevedra a partir desta mañá. Segundo a previsión, as precipitacións serán intensas.
“Fame de Experiencias?” non podía pechar mellor este ano 2020. Despois de conseguir ata 13 premios internacionais, o audiovisual da Deputación de Pontevedra, producido por Esmerarte, que representou á provincia na campaña de promoción do destino 2019, coróase como mellor película do mundo 2020 na categoría de produto turístico.
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, celebrou hoxe unha teleconferencia con tres estudantes de Formación Profesional que completan os seus estudos con prácticas no estranxeiro no marco do programa Erasmus+ Practicum Depo impulsado pola Deputación co apoio do Ministerio de Universidades. Silva quixo coñecer de primeira man as experiencias da pontevedresa Diana Martínez, que está en Lecce (Italia); Rocío Feliz, unha dominicana asentada en Vigo e que viaxou ata Braga (Portugal) e Manuel Ares, un mozo de Muxía que estudou en Vigo e vén de regresar da súa estadía en Birgu (Malta).
Turismo Rías Baixas segue a reforzar o seu liderado en distintivos 'Q' de calidade turística ao sumar xa un total de dez oficinas e puntos de información que contan coa certificación Q, conforme á norma UNE-ISO 14785 que concede o Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE). Deste xeito, os tres servizos de atención e información que xestiona Turismo Rías Baixas da Deputación de Pontevedra que xa contaban con este distintivo lograron renovalo este 2020, ao igual que as catro oficinas adheridas á Rede Info RíasBaixas, ás que se suman agora outros tres establecementos desta rede.
A segunda edición da iniciativa ‘Defensoras de Dereitos’, o proxecto impulsado pola Deputación de Pontevedra e a Coordinadora Galega de ONGD, chega de forma online co obxectivo de recoñecer e poñer en valor a loita das mulleres ao redor do mundo na defensa dos dereitos humanos. En concreto, céntrase no traballo que están a desenvolver as activistas mesoamericanas durante a pandemia derivada da Covid-19, unha situación que está aumentar as violencias que sofren ao levar a cabo o seu labor.
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, cuestionou onte que o PP queira reabrir as comparecencias da comisión de reconstrución do Parlamento a través dunha segunda comparecencia do vicepresidente económico para falar dos proxectos europeos, cando outros comparecentes reclamados non puideron comparecer nin nunha primeira ocasión. “Amosa que a duración dos traballos da comisión pactada por PP e BNG era escasa, como xa dixéramos, e que o PP está desnortado”, recalcou.
Non foi unha senón ata tres as veces que a Deputación de Pontevedra se puxo en contacto co concello de Mos para trasladarlle que o mantemento dos semáforos no vial Peinador-Os Valos, así como noutras vías que transcorren polo seu termo municipal, é de competencia local, ao tratarse de servizos urbanos con subministración eléctrica municipal.
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) convida a toda a cidadanía a doar sangue nas xornadas da ponte festiva do mes de decembro. ADOS salienta que, nestes momentos, precísase incrementar o volume de doazóns do tipo A Positivo, xa que, no transcurso das últimas semanas, detectouse un aumento das necesidades deste grupo sanguíneo.
A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou na xornada en liña de peche do proxecto europeo Manufactur 4.0, que lidera a Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación a través do CIS Tecnoloxía e Deseño e que está financiado a través de fondos Feder do programa Interreg VA España-Portugal 2014-2020 (POCTEP).
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de adxudicar o servizo de mantemento e atención a incidencias invernais na rede provincial de estradas na zona Sur por un orzamento de 906.153 euros. Este é o último dos lotes que quedaba por contratar despois de que en novembro se adxudicasen os correspondentes ás zonas Norte e Centro.
O goberno da Deputación vén de aprobar a concesión das axudas por valor de 132.235 euros para que 83 entidades da provincia poidan impulsar actividades deportivas. Estas subvencións, en concorrencia competitiva, distribúense entre asociacións de 25 concellos e permitirán organizar campionatos, eventos de relevancia deportiva ou iniciativas para dinamizar o deporte contribuíndo á promoción da provincia no ámbito deportivo.
Co obxectivo de reflexionar sobre a situación da muller no cinema e producción audiovisual, a Deputación de Pontevedra lanza 'Fóra de plano', unha nova xornada da Escola de Igualdade María Vinyals, que terá lugar o xoves, 10 de decembro. Durante a actividade, que será por streaming e para a que xa está aberta a inscrición en www.depo.gal, presentarase o informe de CIMA, Asociación de Mujeres Cineastas y de Medios Audiovisuales, e se anunciará a primeira edición dos premios #Mulleresnofoco.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.